CONVOCA A PARTICIPAR NUN CONCURSO FOTOGRÁFICO
O concello de Vedra celebra o centenario das sociedades de emigrantes en Arxentina
O concello de Vedra pon en marcha o concurso fotográfico ‘Centenario das Sociedades de Emigrantes do Concello de Vedra en Bos Aires’.

Esta acción enmárcase na celebración do centenario das sociedades de emigrantes do concello de Vedra na Arxentina promovido dende o Concello en colaboración coa ‘Sociedad Progreso y Cultura Parroquial de Vedra en Buenos Aires’ e a ‘Sociedad de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires’.
A emigración e a inmigración será o tema do primeiro concurso de fotografía ‘Centenario das Sociedades de Emigrantes do Concello de Vedra en Bos Aires’.
Este concurso pretende fomentar a reflexión sobre un fenómeno da máxima importancia histórica para este concello e de plena actualidade na sociedade global contemporánea: a emigración. Ao mesmo tempo, é intención do certame incentivar a creatividade e a expresión artística no eido da fotografía.
Establécese unha única modalidade con técnica libre. Poderán presentarse tanto fotografías en branco e negro (en todas as súas variacións), ou en cor, realizadas con película fotoquímica ou con cámaras dixitais. Cada autor poderá presentar todas as obras que desexe. Aínda que, únicamente poderá optar a un premio.
Prazos
O prazo de entrega de fotografías abriuse o día 1 de agosto do 2009 e péchase o día 15 de outubro do 2009 ás 14,00 horas.
O primeiro premio está dotaco con 1000 euros, o segundo, con 600 euros e o terceiro, con 300 euros.
As bases que rexerán o concurso están á disposición dos interesados nas webs www.100anosvedraemigrante.com e www.concellodevedra.com
fotográfico ‘Centenario das Sociedades de Emigrantes do Concello de Vedra en Bos Aires’.