O ANUARIO SAE A LUZ DESDE HAI MÁIS DE TRES DÉCADAS
O Centro Galego de Sabadell edita o número 12 da revista ‘Nós’ no seu 32º aniversario
O Centro Galego Nós de Sabadell presentou a pasada fin de semana o número 12 da súa revista ‘Nós’ –un anuario que desde hai máis de tres décadas edita o Centro–, nun acto co que conmemorou o 32º aniversario da entidade.

Nesta edición, a revista, que dirixe desde a súa fundación o profesor Xulio Cougil, amosáse cunha exquisita presentación temática, e nela se pode mergullar na lectura de importantes traballos xornalísticos de temática galega ou catalana, de contidos interesantes sobre cultura, arte e paisaxística galega, colaboracións de personaxes importantes da escritura como Fina Casalderrey, Anxos Sumai, Noelia Rodríguez, Suso López, Simón Saura, Joan Saumoy e José Antonio Pet Posse…, así como o retrato narrativo feito por socios do Centro como Rogelio Martínez, Manolo Vázquez ou Horacio Gutiérrez destes 32 anos de pegada galega en Sabadell.
O tempo pasa, 32 anos xa, neste intre veñen ao maxín aqueles actos de cultura galega que se organizaban en Sabadell alá polo outono de 1978: o ciclo de conferencias coas que o entón ‘Grupo Nós’ agasallaba para dar a coñecer o seu nacemento, e nas que o catedrático Basilio Losada achegaba á ‘Literatura galega dos anos da posguerra’; efectivamente aquelas eran as primeiras actividades do que hoxe é o ‘Centro Galego Nós’. Logo viñeron ‘Fuxan os Ventos’, María Manuela, e unha longa ringleira de actividades máis.
Desde entón os tempos mudaron á carreira, e o ‘Grupo Nós’ que se definía como unha plataforma cultural, cun principal obxectivo que era “a toma de conciencia da identidade nacional galega entre os emigrantes galegos en Catalunya” tamén mudou converténdose no ‘Centro Galego Nós’ mais, o seu principio de promoción da cultura galega seguiu sendo o cerne dunha das entidades con máis arraigo e dinamismo da Colectividade Galega en Cataluña, e a súa incansable labor ten hoxe unha incomparable ‘pegada galega’ na cidade de Sabadell: aí temos a Praza Castelao, a Praza Illas Cíes ou o Paseo da Mariña Lucense, ademais dunha activa presenza galega nas actividades socio culturais da cidade, así como a longa ringleira de actos propios do Centro que ano tras ano organiza: recitais de música galega, conferencias, exposicións, cursos de formación, xiras culturais, conmemoración das nosas datas tradicionais, publicacións e promoción das cousas galegas e de Galicia como país etc., son hoxe esa ‘Pegada Galega’ da que tódolos cidadáns de Sabadell poden gozar.
Manuel Vázquez, presidente do ‘Centro Galego Nós’, agradeceu a presenza e participación de autoridades, representantes políticos e de entidades da cidade, así como de socios da entidade. Referiuse á celebración comentando que “coa edición da revista chegamos ao final de curso das nosas actividades que, a pesar da crise, mantivemos igual durante o ano, cun importante éxito de participación”.
O tenente de alcalde de Presidencia e Concelleiro de Cultura de Sabadell, Lluís Monge, clausurou o acto cun breve parlamento no que valorou especialmente a revista significando que “é unha ferramenta de transmisión e de comunicación de cultura, de relación e de aprendizaxe entre todas aquelas persoas que a lean”. Monge, rematou a súa intervención felicitando ao ‘Centro Galego Nós’ e engadindo que “continuades facendo un labor moi importante a nivel cultural, e a cidade quere agradecervos a vosa constante colaboración coa propia cidade e con moitas outras entidades de Sabadell”.