O ‘Centro Galego Nós’ congrega aos seus socios entorno ás xornadas ‘Galicia Hoxe’
O ‘Centro Galego Nós’ de Sabadell (Barcelona), entidade que preside Manuel Vázquez, ven de celebrar as xornadas culturais ‘Galicia Hoxe’; unhas xornadas que, grazas a colaboración da entidade galega e o Concello de Sabadell, desenvolven un programa de actividades que teñen como finalidade dar a coñecer a cultura galega na cidade de Sabadell. Participan e colaboran diversas entidades representativas das diferentes autonomías asentadas na cidade. Este ano, tal como ven sendo habitual, remataron cunha gran ‘Festa Galega’ celebrada os días 3, 4 e 5 de xuño no ‘Parc Catalunya’.
No ano que o ‘Centro Galego Nós’ cumpre o seu 33º aniversario, os festexos das xornadas tiveron moi boa acollida no referente a participación dos socios da entidade, e mesmo das autoridades municipais que co seu alcalde, Manuel Bustos, ao fronte participaron masivamente nos actos. Cabe significar a presencia dos representantes dos gobernos da Generalitat de Catalunya e da Xunta de Galicia, e outras institucións, así como autoridades locais, xefes da policía Local e Mossos, representantes da colectividade galega en Cataluña e entidades socioculturais de Sabadell.
Unha fin de semana no que o ‘Parc Catalunya’ acolleu unha boa escolma de actividades lúdicas e musicais, con actuacións diversas dos diferentes segmentos representativos da cidade con actuacións como a da cantante Olaya. Foi nunha homenaxe aos ‘Casals de d’Avis’ en recoñecemento ao seu labor social cos maiores.
No recinto da festa organizaron o 2º Certame de música popular, coa participación de ‘Casal d’Avis de Els Merinals’, ‘Casa de los Pinos Arrahona-Merinals’, ‘Gent Gran de Can Roca’ de Terrasa e ‘Gent Gran del Centre Cívico de Canoriac’. Na representación de todos eles ofreceuse un recital musical a cargo do grupo ‘Taxis-Gon’.
No tocante ao apartado musical adicado a Galicia, foron os grupos de danza e gaitas do propio ‘Centro Galego Nós’ os que coas súas actuacións deron unha merecida nota musical galega á festa rachada celebrada durante as tardes e noites dos tres días, amenizados polas orquestras ‘Acordes’ de Lugo e o grupo orquestra ‘Mediterráneo’ de Sabadell.
No eido gastronómico, tamén se celebraron diferentes xantares campestres no recinto da festa coa degustación dos principais produtos da gastronomía galegas; polbo, empanada, lacón... etc., e os viños e licores populares da terra, así como a exposición de diversos produtos, tanto gastronómicos como culturais, e abundante material informativo co que se promocionaron as diferentes variedades turísticas de Galicia.