O ACTO PECHOU AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ENTIDADE DENTRO DA SEMANA DA CULTURA GALEGA

O Centro Galego de Lleida presenta un novo número da revista ‘Xurdimento’

O alcalde de Lleida, Ángel Ros, xunto co presidente do Centro Galego, Xosé Terceiro, foron os encargados da presentación do número 24 da revista ‘Xurdimento’, un acto co que se pecharon as actividades programadas polo Centro Galego co gallo da celebración da Semana da Cultura Galega 2011 na cidade de Lleida.
O Centro Galego de Lleida presenta un novo número da revista ‘Xurdimento’
 Ángel Ros e Xosé Terceiro, durante a presentación do número 24 da revista ‘Xurdimento’.
Ángel Ros e Xosé Terceiro, durante a presentación do número 24 da revista ‘Xurdimento’.

O alcalde de Lleida, Ángel Ros, xunto co presidente do Centro Galego, Xosé Terceiro, foron os encargados da presentación do número 24 da revista ‘Xurdimento’, un acto co que se pecharon as actividades programadas polo Centro Galego co gallo da celebración da Semana da Cultura Galega 2011 na cidade de Lleida. Cun cheo total do local social da entidade, Ángel Ros fixo de anfitrión no acto de presentación da revista, un anuario que desde fai 24 anos fortalece os fondos de hemeroteca dos galegos residentes en Lleida.

 

Nas máis de 120 páxinas que conten a revista podense ler diversos traballos xornalísticos, escritos tanto en galego como en catalán ou castelán, asinados por escritores como: Rexina Anxos, Pura Salceda, Noelia Rodríguez, Rosa González, Xulio Couxil, Iolanda Castaño, Helena Villar, Rubén Alonso, Marisa Torres, ou o historiador Manoel Carrete, así como outros amigos e socios do Centro que fan as súas colaboracións escribindo de temas culturais e sociais de moito interese, e reportaxes de temática galega como o Xacobeo, os viños galegos ou a reserva da biosfera do Xures.
O presidente do Centro Galego, Xosé Terceiro, agradeceu a tódolos presentes a súa asistencia a presentación, así como a participación dos socios en cada unha das actividades que durante a semana pasada se organizaron co gallo da celebración da Semana da Cultura Galega 2011 en Lleida.
Tamén tivo palabras de agradecemento para as distintas autoridades locais, entre as que se atopaban, o concelleiro de Participación Cidadá, Joan Gómez; os concelleiros Jesús Castillo, Neus Brocal, María José Hocajadas e Antonio Chicó; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García; os presidentes das Casas Rexionais de Lleida; Casa de Aragón, Jesús Monter; Centro de Castela e León, Oscar Sánchez; e Casa de Estremadura, Gregorio Galvez; así como o colaborador da revista Rubén Alonso e o coordinador da mesma, o profesor Xulio Couxil. O presidente do Centro Galego destacou, moi especialmente, o apoio do alcalde de Lleida, Ángel Ros, e da corporación municipal.


Unha semana de actividades
Asemade, durante a semana do 28 de febreiro ao 6 de marzo, Lleida acolleu outras actividades. O día da inauguración tivo lugar unha exposición de manualidades, que preparou a Vocalía da Muller do Centro, na que amosaron os traballos realizados durante o curso. A este acto, no que a súa coordinadora María Alba Gil explicou con detalle cada unha das pezas expostas, acudiu, ademais do numeroso público asistente, a ‘rexedora’ do Concello de Lleida, Neus Brocal, responsable de Política de Igualdade. Ademais, adicouse un día aos cativos, que disfrutaron dos xogos de mesa e dunha chocolatada.
Nesta semana tamén se celebrou unha conferencia, a cargo de Joan Bellmunt, baixo o título ‘Exposición sobre o papel da Muller no século XX’, acto co que se conmemorou o ‘Día Internacional da Muller’. Asi mesmo, a Vocalía da Muller organizou unha charla-coloquio no local social a cargo da presentadora do programa L`Átic de TV La Mañana, Pepita Ruestes, co título ‘El Plaer de Treballar’ e Pedro Montero, representante da empresa ‘Professional Medical System’, fixo unha demostración, con todo tipo de detalles, sobre as vantaxes da magnetoterapia no corpo humano para calmar a dor sen usar medicamentos.
Neste evento non podía faltar a gastronomía, parte fundamental das actividades do Centro, así que, entre tódolos socios, se fixo unha demostración culinaria de diferentes pratos, salgados e doces, que finalizou coa degustación por parte de tódolos presentes dos múltiples e exquisitos pratos.