O Centro Galego de Lleida celebrou a XVIII Festa do Polbo

| 22 de abril de 2015, 11:59
Lleida.Festa do polbo12
Numeroso público participou nesta Festa do Polbo.

O domingo 19 de abril, no ‘Mercat de Pardinyes-Barris Nord’ de Lleida, o Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, organizou a XVIII Festa do Polbo, coa colaboración da Vocalía da Muller, co fin de dar a coñecer este produto típico da gastronomía galega.

O alcalde de Lleida, Ángel Ros, foi o anfitrión do encontro gastronómico, ó que asistiu numeroso público, e no que os leridanos gozaron dun domingo tradicional galego, como é a Feira do Polbo.

Ademais do numeroso público que degustou o Polbo á Feira, os compoñentes do Centro Galego tamén foron arroupados, coa súa presenza, de diversas autoridades como o alcalde de Lleida, Ángel Ros i Domingo; e os ‘rexidores’ do concello: Rafael Peris Martín, Montse Mínguez García, Félix Larrosa Piqué, Joan Gómez López, Neus Brocal Mañas, Francesc Cerdà Esteve,  Antonio Postius Terrado, María José Horcajada Bell-lloch, Gemma Batalla Casanova, a diputada o Parlament de Catalunya Dolors López i Aguilar e ao presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García. Todos eles degustaron o rico manxar do polbo con patacas e pan galego; e todo iso estivo regado cun bo viño do Ribeiro.

O  evento foi un total e rotundo éxito, un ano máis, esgotándose os produtos traídos expresamente de Galicia para a ocasión.

 

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca