NESTA XORNADA GASTRONÓMICA NON FALTARON A MÚSICA GALEGA E AS CANTIGAS POPULARES
O Centro Galego de Lleida celebrou un ano máis a súa tradicional ‘calçotada’
A ‘calçotada’ é unha comida típica da rexión occidental de Cataluña, orixinaria de Valls, na comarca do Alto Campó, que por estas datas, a finais do inverno e comezos da primavera, é un menú típico que aparece na gastronomía catalana e que podemos ver como reclamo nos principais restaurantes da Cataluña occidental.
A ‘calçotada’ é unha comida típica da rexión occidental de Cataluña, orixinaria de Valls, na comarca do Alto Campó, que por estas datas, a finais do inverno e comezos da primavera, é un menú típico que aparece na gastronomía catalana e que podemos ver como reclamo nos principais restaurantes da Cataluña occidental. A súa orixe se remonta a finais do século XIX, cando un campesiño de Valls, Xat de Banigues, preparaba unhas cebolas brancas ao lume e se lle queimaron, descubrindo así que o seu interior estaba moi tenro e saboroso. Aínda que esta é unha das tantas versións que hai sobre os ‘calçots’, parece ser a máis aceptada.
De tódolos xeitos, o certo é que por estas datas son innumerables os xantares populares nos que os ‘calçots’ son os protagonistas e as institucións, colectivos e asociacións asentadas en Cataluña conmemoran este evento gastronómico, de aí que o Centro Galego de Lleida celebre cada ano esta festa con especial dedicación e agarimo, xa que na cidade lleidana este produto ten moito arraigo.
Así, o pasado domingo 7 de marzo, os socios e amigos do Centro Galego, que preside Xosé Terceiro, acudiron como cada ano a un lugar de costume, as aforas da cidade, como é a Ermida de ‘Grenyana’. Alí, celebraron a tradicional ‘calçotada’, con tódolos honores, despois de asistiren á santa misa, que foi cantada pola súa coral ‘Cengallei’, que dirixe Rosa González Mahía, que, como sempre, foi unha ledicia escoitala.
Mentres os cociñeiros foron preparando o xantar, organizáronse varias partidas de cartas.
A xornada foi moi confortante e completa e estiveron como sempre moi ben acompañados polos concelleiros do Ajuntament de Lleida: Joan Gómez, Oriol Yuguero, Ramón Camats e José Horcajada, ademais da directora de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Paquita Sanvicens; o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García; o presidente da Casa de Aragón, Jesús Monter; e o vogal da Asociación Cultural Galega ‘Saudade’ de Barcelona, Xullo Gómez; entre outras personalidades.
No xantar campestre todos deron boa conta dos ricos manxares, empezando polos ‘calçots’ que, coa saborosa salsa –de receita secreta–, estaban moi saborosos e continuose cun segundo prato de monchetas, longaínza e chuletiñas de cordeiro, todos eles regados cun bo viño do Ribeiro e finalizado coa sobremesa a base de deliciosos manxares ao cal mellor –tortas, pasteis, e froita– sen faltar os licores e unha extraordinaria queimada galega para escorrentalo frío das neves que estes días trouxeron a Cataluña tantos problemas.
Unha velada moi familiar, como adoitan ser os actos do Centro Galego de Lleida, xa que eles mesmos se consideran una gran familia galega na cidade de Lleida. Tampouco faltou a música galega e as cantigas populares que amenizaron esta xornada gastronómica en honra aos ‘calçots’.