SOCIOS E AMIGOS DA ENTIDAD ENCHERON AS DEPENDENCIAS DO CENTRO
O Centro Galego de Lleida celebra, un ano mais, a Festa da Matanza do Porco
Os socios e amigos do Centro Galego de Lleida celebraron recentemente a tradicional Festa da Matanza, do mesmo xeito que nos anos anteriores. ‘A Matanza do Porco’ é un evento que xunta á maioría dos socios nos locais do Centro para degustar as viandas do porco cociñadas segundo as tradicionais maneiras de festexar, por estas datas, este evento tradicional da nosa Terra.
Os socios e amigos do Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, celebraron recentemente a tradicional Festa da Matanza, do mesmo xeito que nos anos anteriores. ‘A Matanza do Porco’ é un evento que xunta á maioría dos socios nos locais do Centro para degustar as viandas do porco cociñadas segundo as tradicionais maneiras de festexar, por estas datas, este evento tradicional da nosa Terra.
O evento foi un rotundo éxito, segundo os dirixentes do Centro Galego. Grazas, especialmente, a un dos socios, Xosé Domínguez, que coordinou o festexo, e aos membros da Xunta Directiva que lle axudaron, todo saíu moi satisfactorio.
Asemade, estiveron acompañados por diversas autoridades como o concelleiro de Participación Cidadán, Joan Gómez López; o concelleiro de Formación e Inserción Socio-laboral, Luís Franco Bèrgua; así como polo presidente das Casas Rexionais de Lleida, Cosme García Mir; o presidente da Casa de Castela e León, Oscar Sánchez; e o vicepresidente da Casa de Andalucía, Vicente Esteve Esteve, ademais de moitos socios e amigos, que encheron as dependencias do Centro.