OS HOMENAXEADOS SON PERSOAS QUE LEVAN TODA UNA VIDA DEDICADAS Á ENTIDADE ASOCIATIVA

O ‘Centro Galego de Barcelona’ agasalla aos socios con 25 e 50 anos de antigüidade

O Centro Galego de Barcelona, que preside Xosé Méndez, rende homenaxe recentemente aos socios que cumpriron 25 e 50 anos de fidelidade á entidade galega máis antiga de Cataluña.
O ‘Centro Galego de Barcelona’ agasalla aos socios con 25 e 50 anos de antigüidade
 Vista do salón da celebración.
Vista do salón da celebración.

O Centro Galego de Barcelona, que preside Xosé Méndez, rende homenaxe recentemente aos socios que cumpriron 25 e 50 anos de fidelidade á entidade galega máis antiga de Cataluña. Como ven sendo habitual, cada ano, celebraron a tradicional ‘Cea de Irmandade’, dedicada a render homenaxe aos socio fieis ao Centro Galego; persoas que levan toda unha vida adicadas a apoiar á institución e que forman parte da súa masa social. Neste caso, ademais, todos son socios que teñen unha relevancia moi especial.

 

Todos os homenaxeados formaron parte da Xunta Directiva da entidade algunha vez, ou foron persoaxes que destacaron pola súa activa actividade, tanto no Centro como na colectividade galega de Cataluña, como é o caso de Luís Lamas, que é o actual presidente da Federación de Entidades Galegas de Cataluña, ou o doutor Manuel R. Troncoso.
Todos eles teñen una longa bagaxe no quefacer da galeguidade en Cataluña, e moi especialmente no acontecer diario do Centro Galego de Barcelona.
Son nomes de sona á hora de analizar a traxectoria dos últimos 50 anos do Centro, comezando polos que levan 50 anos que son Manuel Álvarez Fernández, Alfonso López Valcárcel, Fernando Martínez Vega, Álvaro Puga Rodríguez, Carmen Rodríguez Rodríguez, Juan Carlos Seijo Martiño e Claudio Vázquez Rodríguez, e con 25 anos: Victoria Digón González, Guillermo González Robleda, Ricardo González Domínguez, Luís Lamas Álvarez, Mario Nieto Blanco, Adelina Pérez Fernández, Manuel Rodríguez Troncoso e Irene Simón López.
A celebración coincide co comezo dos actos que o Centro Galego ten previsto organizar durante este ano e o próximo co gallo da celebración do seu 120º aniversario, que cumprirá no mes de febreiro de 2012.
Un ronsel de actos que, segundo o presidente do Centro, Xosé Méndez, serán unha efemérides coa que renderán homenaxe a aquelas persoas que no seu día botaron a andar o que hoxe é unha das entidades galegas máis antigas da Galicia Exterior, e tamén aos que durante estes 120 anos fixeron posible día a día darlle vida.
O acto celebrouse na Sala Ferrío do Centro que estivo ateigada de socios e amigos dos homenaxeados, así como de representantes doutras entidades galegas e de outras comunidades autonómicas en Cataluña, representantes do Concello de Barcelona, da Generalitat de Catalunya e da Xunta de Galicia, que estivo representada por Ildefonso de la Campa (xefe de Gabinete da Secretaría Xeral de Emigración), ademais de outras personalidades da vida sociocultural.