A CONVOCATORIA TIVO LUGAR DO 17 AO 19 DE SETEMBRO
Badalona adquiriu cor galega durante a celebración da festa da Agrupación Cultural ‘Agarimo’
Organizada pola Agrupación Cultural Galega ‘Agarimos’, que preside Xoán Prieto, a localidade catalana de Badalona (Barcelona) acolleu, do 17 ao 19 de setembro, a popular Festa Galega que cada ano –desde hai trece– celebran os compoñentes de ‘Agarimos’ para conmemorar o seu aniversario.

O parque ‘Turó d’en Caritg’ foi o escenario onde se levaron a cabo as actividades que durante os días sinalados lle deron cor galega á cidade de Badalona.
O programa comezou a desenvolverse o venres pola tarde cun recital de música galega a cargo do grupo ‘Agarimos’, despois do cal se celebrou una Cea de irmandade para tódolos socios da entidade. O pregón da festa foi a cargo do poeta do Caurel afincado en Barcelona, Xesús Galán, e o cantautor Alfredo González que musicou os seus poemas.
Asemade, se celebraron outras actividades como exposicións de libros e material de información de Galicia e do Camiño de Santiago, e concursos de debuxos para os cativos.
No eido da música e danza galega actuaron os grupos: ‘A.C. Agarimos’, ‘Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma’, ‘Cova da Serpe’, ‘A. C. G. Saudade e Centro Galego de Barcelona’, ‘Rosalía de Castro de Cornella’, ‘I. G. A Nosa Galiza de Mollet’ e ‘Alborada da Llagosta’, así como outros grupos locais como o catalán do Colexio Pere de Tera ou a charanga ‘El Chupinazo’.
Destacar a grande afluencia de público que acudiu ao fermoso parque, para disfrutar dunha festa galega na que se deron tódolos ingredientes: boa música, a cargo da orquestra galega ‘Super fama’, así como a degustación dos produtos galegos como o polbo a feira –a quen lle dedicaron un día da festa–, empanadas, lacóns e os viños galegos, entre outros manxares, que un grupo de voluntarios, socios de ‘Agarimos’, se encargaron de servir a tódolos asistentes á festa.
Durante a celebración, tamén fixeron a presentación do nº 13 da revista ‘A Palloza’, un anuario que a entidade organizadora edita cada ano, no que se dá conta das actividades que ao longo do ano se realizan na agrupación, así como outros traballos de interese, entre os que destacan reportaxes de información de lugares de interese cultural e turístico de Galicia como, O Saviñao, o Xacobeo, Rutas do Camiño, Melide, Verín e Viana do Bolo. A revista conta cun apartado de poesía galega, de varios autores e, este ano, incuiu nas súas páginas unha biografía do homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2010, Uxío Novoneyra, e tamén un apartado de poesía galega, de varios autores.