Con este acto, a entidade pecha as actividades deste ano

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà entregou os premios do seu certame de poesía

El venres 27 de novembro, celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) que este ano acada a súa 34ª edición, e no que se lle concedeu o primeiro premio a Lupe Gómez Arto polo seu poema ‘Coplas a Lola’.
A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà entregou os premios do seu certame de poesía
XURADO-CERTAMEN ROSALIA
Os membros do xurado, durante a súa intervención na entrega dos premios.

El venres 27 de novembro, celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) que este ano acada a súa 34ª edición, e no que se lle concedeu o primeiro premio a Lupe Gómez Arto polo seu poema ‘Coplas a Lola’.

O xurado desta 34ª edición do Certame, en reunión telemática, acordaron conceder premios aos seguintes poemas: 1º Premio: ‘Coplas a Lola’, de Lupe Gómez Arto. 2º Premio: ‘O Perigo de estar exhaustos’, de Marcus Daniel Cabada Candal; 3º Premio: ‘Dakota: Memoria lírica da emigración’, de María Álvarez Martínez (Masha Rakolnikova). 

O xurado fixo unha mención especial, accésit para ‘O Matrimonio é unha nasa’, de Francisco Javier Fernández Dávila. 

O xurado estivo composto por: Rexina Vega, presidenta; Anxos Sumai, vicepresidenta; Armando Requeixo Cuba, Cristina Corral, Domingo Tabuyo y Amauta Castro, vogales. Actuou como segredario, Xulio Couxil Vázquez.

Con este acto, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro pecha as actividades que este ano tiña previsto facer ao longo do ano, mais o virus, que este ano 2020 afectuou a todo o mundo, fixo que a grande maioría de actos tiveran que suspendelos ou algúns que se fixeron reducilos a mínima participación e de forma telemática.  

Ademais, este ano a entidade celebra o 40º aniversario e tiña preparado un programa moi ambicioso, con dúas orquestras, un grupo de rock, 2 de música Folk e unha banda de gaitas; todos viñan de Galicia. Como actividade complementaria, o pasado día 10 de xuño tiña previsto inaugurar a exposición ‘As portas de Lugo’, no Castelo de Cornellà, entre outros moitos, e tívose que suspender todo, como tamén suspenderon a Festa Maior de Cornellà. 

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà entregou os premios do seu certame de poesía