No acto da celebración das Letras Galegas organizado pola FEGALCAT

Ángela Gracián impartiu no Ajuntament de Barcelona a disertación ‘María Victoria Moreno: novela dunha vida’

O pasado 18 de maio tivo lugar na capital catalana a celebración das Letras Galegas, adicadas a María Victoria Moreno. A conferenciante Ángela Gracián impartiu no Saló de Cent de l’Ajuntament de Barcelona una disertación titulada ‘María Victoria Moreno: novela dunha vida’.

Ángela Gracián impartiu no Ajuntament de Barcelona a disertación ‘María Victoria Moreno: novela dunha vida’
2
Gracián y diferentes autoridades en el Ayuntamiento de Barcelona.

O pasado 18 de maio tivo lugar na capital catalana a celebración das Letras Galegas, adicadas a María Victoria Moreno. A conferenciante Ángela Gracián impartiu no Saló de Cent de l’Ajuntament de Barcelona una disertación titulada ‘María Victoria Moreno: novela dunha vida’.

Ao acto organizado pola FEGALCAT (Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya) contou coa presenza de tódalas entidades que compoñen a Federación, este ano coas novas incorporacións da A.C.G. Saudade e A Nosa Galicia de Santa Coloma, así como do exalcalde Trias de Barcelona e do asesor de emigración da Deputación de Ourense, Manoel Carrete.

O acto foi clausurado polo tenente alcalde Pisarello e as actuacións do Coro Lonxe da Terra e da Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas de Barcelona.