A ‘CORAL DO LICEO DE OURENSE’ FOI A CONVIDADA ESPECIAL DO ACTO CELEBRADO O PASADO 9 DE ABRIL

Cinco agrupacións galegas participaron no XIV Encontro de Corais da Fegalcat

Organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat), que preside Luís Lamas, celebrouse o pasado 9 de abril na localidade de A Llagosta (Barcelona) o XIV Encontro de Corais da Fegalcat, no que participaron cinco corais galegas e una catalana.
Cinco agrupacións galegas participaron no XIV Encontro de Corais da Fegalcat
 Todos los participantes juntos cantan el himno gallego.
Todos los participantes juntos cantan el himno gallego.

Organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat), que preside Luís Lamas, celebrouse o pasado 9 de abril na localidade de A Llagosta (Barcelona) o XIV Encontro de Corais da Fegalcat, no que participaron cinco corais galegas e una  catalana. O encontro tivo lugar no Auditorio do ‘Centro Cultural’ da Vila, onde ten a sede social a ‘Agrupación Cultural Galega Alborada’ que tamén participou na organización do evento.

La celebración discorreu cunha nota máis que notable, encanto á participación do público que encheu o aforo do Auditorio, así como a calidade interpretativa das diversas corais, que foron poñendo en escena os repertorios escollidos para este encontro.
O evento comezou coa actuación da coral convidada especial este ano, a ‘Coral do Liceo de Ourense’, que interpretou as pezas: ‘Morriña’, ‘Danza das Bruxas’ e ‘Saudade’.
Ademais da ‘Coral de Ourense’, participaron a ‘Coral Miranda’ de A Llagosta, que interpretou pezas con rimos africanos e brasileiros. As demais corais: ‘Coral Irmandade a Nosa Galiza de Mollet’, ‘Coral o Botafumeiro de Cerdanyola’, ‘Coral Lonxe da Terra do CG de Barcelona’ e o ‘Grupo Airiños Galegos da A.C.G. Alborada de A Llagosta’, interpretaron pezas populares do canto coronal galego e unha tradicional de Cataluña.
Pecharon o encontro musical o conxunto das corais participantes interpretando entre tódolos seus membros ‘Esl segadors’ (himno de Catalunya) e ‘Os Pinas’ (himno de Galicia).
No remate do acto tamén se rendeu unha homenaxe a unha das intérpretes de música coral máis antigas en Cataluña como é Pepita Galves, compoñente da ‘Coral do C.G. de Barcelona’ durante máis de trinta anos, e que agora desde hai dous vive en Galicia e forma parte do elenco da ‘Coral do Liceo de Ourense’.
Destacou a presenza e apoio neste evento de diversas autoridades como o alcalde de A Llagosta, Antonio Risquez, así como diversos membros do Pleno Municipal, e a vicepresidenta do Goberno de Catalunya, Joana Ortega i Alemany, que facía a súa primeira aparición pública no acontecer da colectividade galega en Cataluña, e da que se agardaba que dixera algo sobre o futuro das entidades galegas na mencionada comunidade autónoma.
A partir de agora dependerán do seu departamento, e que nas últimas datas a súa resposta as diferentes entidades que se puxeron en contacto foi, “si, pero el Govern no te pressupost”.
E así seguimos porque neste acto só dixo “felicitacións per las coses be fetas….”. Xa é algo que nos felicite, está ben, mais, as axudas as entidades galegas non só as merecen, teñen dereito a elas.