CELEBRARONSE MOITAS ACTIVIDADES DURANTE TRES DÍAS
A agrupación Alborada de A Llagosta celebrou a festa en honor a Santiago Apóstolo
A Agrupación Cultural Galega Alborada de A Llagosta (Barcelona), que preside Xosé Luís Salgueiro, celebrou, como cada ano, o primeiro fin de semana de xullo, a súa Festa Galega en honor a Santiago Apóstolo, un evento de referencia nas actividades culturais e sociais da vila, que se celebra no principal espazo público co que conta a vila da Llagosta, como é o Parque Popular, no que durante os tres días se leva a termo diversas actividades lúdicas, culturais e festivas.

Segundo o alcalde da Llagosta, Antonio Rísquez Caballero, a Festa Galega que con tanto agarimo organizan os compoñentes de Agrupación Galega, “é un dos eventos máis representativos e arraigados da nosa cidade, unha mostra palpable da irmandade cultural e cívica que prevalece entre as diferentes comunidades que constitúen o tecido sociocultural desta Vila”, situada a 15 quilómetros de Barcelona e cunha pobación de 15.480 habitantes dos cales a redor dun millar son galegos, e unha ampla porcentaxe participan nas actividade que durante o ano levan a cabo na A.C.G. Alborada, un escaparate de tolerancia e respecto mutuo, e que ten na Festa en Honor a Santiago un dos actos máis significativos que celebra dentro da súa programación anual.
Son xa máis de tres lustros de andadura da A.C.G. Alborada nos que logrou consolidarse como unha das entidades de maior relevancia na Llagosta. Boa mostra disto é esta Festa, evento que ano tras ano ocupa un lugar destacado no calendario cultural e festivo da cidade, mais esta no é a única xa que participas activamente en calquera actividade sociocultural da vila como pode ser a Festa Maior, o Corpus, etc.
O ‘Parque Popular’ da vila acolleu os diferentes actos que durante o fin de semana se levan a cabo, un ronsel de actividades que comezaron o venres pola tarde coa izada da bandeira galega na casa do Concello, e o pregón da festa a cargo do historiador Manoel Carrete, dándolle paso ás actuacións de diferentes grupos de música e danza tradicionais das comunidades autónomas con referencia na vila, destacando a colaboración do resto de entidades galegas de Barcelona que acudiron masivamente cos seus grupos para darlle un cor autenticamente galego á tradicional festa en honra ó Apóstolo.
Os actos litúrxicos tamén formaron parte das actividades congregando a numerosos veciños da vila, na celebración dunha misa no recinto do parque, despois dunha procesión polas rúas centrais da Vila, presidida pola imaxe do Apóstolo e arroupado polo Grupo de Gaitas da Agrupación Galega.
Como cartel de presentación hai que destacar unha nova edición da revista ‘Alborada’, un anuario que co gallo desta celebración edita a entidade, na que se recolle un exhaustivo traballo biográfico das actividade máis sobranceiras da entidade levadas a cavo durante o ano, cun esmerado deseño e un contido de calidade, a publicación recolle ademais, as aspiracións de futuro da entidade, así como un bo feixe da traballos de interese cultural sobre Galicia, e reportaxes dedicados a diversos lugares do país.