celestial

O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense

 O coordinador da ‘Radio do Ceo’ adiantou a trasmisión do ingreso na A.C.E.R. de dona Balbina Barreira Cousillas [San Martiño de Canduas-Cabana de Bergantiños] para que non coincida co comezo da campaña electoral en Galicia.

O ingreso de dona Micaela na Asemblea Celestial Riopratense

O director da Radio do Ceo consultou aos membros da Asemblea Celestial da Emigración Riopratense para ver se hai unanimidade en admitir a dona Micaela Souto Portela [A Coruña, 12-II-1920-Porto Williams,10-II-2010] no seo dunha entidade que está formada só polos emigrantes que loitaron en calquera das dúas beiras do Prata.

O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense

O director da Radio do Ceo quere que o actor Andrés Pazos Pérez se incorpore axiña aos debates da Asemblea Celestial porque di que é moi necesario contar coa achega dun emigrante de Ames [A Coruña] que recibiu milleiros de aplausos riopratenses e galegos.

O ingreso de Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense

Don Luís Seoane agradece que o recén chegado Antonio Pérez Prado, case sen tempo de desfacer as maletas, interveña na sesión da Asemblea Celestial da Emigración Riopratense [ACER] na que o recibirán Eduardo Sánchez Millares [Noia] e Fernando Pereira Caamaño [Soutomaior] para oficializar o seu ingreso como membro de pleno dereito. O organismo acolle aos que fixeron patria en calquera das beiras do Río da Prata.

O cumpreanos de Tacholas na Asemblea Celestial Riopratense

O director da Radio do Ceo, Luís Seoane, pensa que tamén aquí enriba hai que loitar pola audiencia e por iso comezará a trasmitir os cumpreanos dos vellos galeguistas cando cheguen ao centenario. En cada celebración haberá dous convidados que compartirán o micrófono co homenaxeado.

Falan de Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Galega

O director da Radio do Ceo está contento porque os índices de audiencia están sendo moi bos. As enquisas que sempre fai San Pedro amosan que os espazos de debate político son os máis escoitados. A última trasmisión centrouse no transfuguismo e no caso do concello pontevedrés de Gondomar. Para intervir foron invitados tres amigos da capital uruguaia que aló embaixo sempre se levaron moi ben.

O 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense

Hai uns anos que o director dos medios informativos da Asemblea Celestial, Luís Seoane, propuxo que cada 17 de maio se convide ao homenaxeado ou homenaxeada. Os que acepten non virán para recibir ningún aplauso senón para que poidan desculparse polos erros cometidos. Di Seoane que neste clube de xubilados riopratenses coñecémonos ben todos e non hai lugar para ambicións nin envexas.

Unha primeira análise das eleccións na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega

Nas Actas do Ceo recóllese o último debate sobre as eleccións autonómicas galegas do pasado primeiro de marzo. Considerando o seu interese foi trasmitido en directo pola emisora oficial San Pedro News que emite sen censura previa desque nomearon a Luís Seoane coma o seu máximo responsable. Están programados máis debates porque sobe moito a audiencia cando se fala de emigración e do voto exterior.

Seguen os debates na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega

Logo do éxito do primeiro debate –trasmitido pola emisora oficial San Pedro News– hoxe mesmo pola mañá tivo lugar unha segunda sesión que se recolle nas Actas do Ceo. Nesta quenda foron convidados polo presidente dous representantes da emigración galega en Bos Aires. O patriarca do Amenal considerou que sendo a capital arxentina o lugar do mundo de maior presencia galega hai que escoitar a súa voz sobre o voto exterior.

O voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata

Debate entre Marcelino Martínez Gómez y Luís Andrade Castro Contan os que saben que na última Asemblea Celestial estívose falando do voto exterior nunha sesión monográfica presidida por don Xesús Canabal Fuentes. Aló enriba están moi preocupados pola imaxe de Galicia. Comproban que cada ano está máis estragada por mor da ausencia do voto en urna na diáspora.

Hemeroteca