As boas pastas frescas de ‘La Juvenil’

07 noviembre 2011
Dona Diáspora non entende nin quere admitir que os que enchemos o mundo de esperanza esteamos agora deprimidos –no Río da Prata din “bajoneanos”– diante dunha crise que axiña será auga pasada. Os nosos emigrantes foron o muíño no que arxentinos, brasileiros, cubanos, uruguaios e venezolanos moeron o seu gran de millo para o lévedo dunha sociedade democrática, aberta, solidaria e xusta.

Seguir leyendo »

O esforzo xeneroso de Adolfo Lozano Bravo

20 octubre 2011
“Ahora que vago por una plaza porteña tengo la sensación de haber soñado algo que existe o que existió en mi infancia. Creo recordar la voz de mi padre –que perdura– hablando de remotos mares, de ciertas vigilias, de nombres que usaban los señoritos”.

Seguir leyendo »

Dona Diáspora busca traballo en Montevideo

29 septiembre 2011
“Cuando hablo de mi patria yo prefiero decir paisito”Mario BenedettiA nosa vella avoa emigrante quere botar unha man no ‘Departamento 20’ da República Oriental do Uruguai. Se Galicia ten a súa quinta provincia fóra tamén os uruguaios engaden un vixésimo departamento no exterior.

Seguir leyendo »

Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó

14 septiembre 2011
A historia da emigración galega ao Río da Prata indica claramente que foi un fenómeno social eminentemente urbano. A maioría dos nosos irmáns botaron raíces e buscaron abeiro nas urbes de Bos Aires e Montevideo. A capital da Banda Oriental do río Uruguai tivo sempre as portas abertas ao esforzo das nobres mans galegas que axiña se acriollaron arredor dun mate quente no fogón de Artigas.

Seguir leyendo »

An Oriant, graciñas

29 agosto 2011
Dona Diáspora estivo polas terras bretoas de An Oriant [Lorient] aplaudindo aos 70 mozos e mozas das bandas de Gaitas e de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo que participaron no gran Festival Intercéltico. O traballo de fusión que fixeron os directores –Carlos e Ramón– foi un éxito se atendemos aos milleiros de aplausos e noraboas recibidos dun público entendido que non se deixa enganar por propostas artificiais.

Seguir leyendo »

En Bos Aires, harmonía sentimental entre Santa Comba e Zas

22 julio 2011
A recente edición na capital arxentina de ‘Yo, emigrante’ merece todos os recoñecementos. O libro nace no seo de dúas entidades que non queren que se esqueza aos devanceiros que cruzaron o mar para encher de agarimo as lonxanas rúas de Bos Aires.

Seguir leyendo »

Un bo rapaz de Folgueiras

04 julio 2011
Dona Diáspora achegouse pola parroquia de Calo [Teo] xa que hai anos que o seu vello amigo Eduardo Liste Carro a convida para a sardiñada que organiza no campo de Rebordelo a Sociedade Recreativa. Neste ano as sardiñas tiñan un sabor especial porque son o aperitivo da celebración do Cincuentenario da S.R. que terá lugar o vindeiro domingo 13 de novembro.

Seguir leyendo »

A maleta montevideana de dona Diáspora

17 junio 2011
Menos mal que dona Diáspora chegou ao aeroporto de Carrasco cun paraugas de Peñarol na man porque senón tería dificultades para saír coa tonelada de emocións que levaba comprimidas na maleta. Os funcionarios da aduana sorriron cando miraron para o paraugas e comentaron: Buen cuadro, ése ¿no?. A nosa velliña viaxeira ten poucos amores pero un deles está na capital uruguaia.

Seguir leyendo »

A maleta arxentina de dona Diáspora

02 junio 2011
A nosa velliña dona Diáspora volveu da capital arxentina chea de emocións e de agasallos. O certo é que as emocións non as trouxo na maleta senón dentro do seu corazón de filla devota de Rosalía de Castro. Os agasallos son recordos de antigos e novos amigos que teñen gran valor porque simbolizan a unidade coa terra dos avós e confirman que Galicia latexa con forza en Bos Aires.

Seguir leyendo »

Dona Diáspora no Río da Prata

06 mayo 2011
A nosa sempre disposta dona Diáspora asistirá a unha serie de celebracións que en Bos Aires e Montevideo lembrarán ao Día das Letras Galegas. Aínda que leva moitos séculos de singraduras no seu lombo non quere perderse o convite dos irmáns emigrantes residentes nas capitais da Arxentina e do Uruguai.

Seguir leyendo »

A romería de Olivos une en irmandade aos nosos emigrantes

08 abril 2011
Dona Diáspora, sempre que pode, achégase polas beiras riopratenses xa sexa para dar unha volta pola dominical feira montevideana de Tristán Narvaja ou para cear unha saborosa pizza porteña en ‘El Cuartito’. Nesta oportunidade a viaxe fíxose porque a neta Graciela insistiu no convite para a Gran Romería que en Olivos [Campo de Deportes do Centro Galicia] organiza o Centro Galego de Bos Aires.

Seguir leyendo »

Un pazo galego na Habana

03 marzo 2011
Dona Diáspora está dándolle voltas aos recentes acontecementos de cambio político na terra dos faraóns e recordando que os máis vellos da Terra de Soneira acertaban cando dicían que “estamos de paso”. Se a vida é fugaz haberá que pasar por ela con xenerosidade e recoñecendo os erros.

Seguir leyendo »

Don Voto Perdido busca refuxio

11 febrero 2011
Don Luís Seoane anda camiñando sen acougo. Vai comentando co seu compañeiro Lorenzo Varela que a sesión do Senado na que se derogou o dereito a votar nas eleccións municipais é o máis lamentable e egoísta triunfo dos ignorantes mesturadores de dereitos con xeografía e sentimentos.

Seguir leyendo »

Un legado de identidade na Habana

27 enero 2011
Dona Diáspora non puido estar en Madrid para acompañar aos membros galegos da ‘Plataforma contra la privación del derecho del voto de los españoles en el exterior’ que se achegaron ao Senado para manifestar a súa oposición ao cambio lexislativo que deixa aos emigrantes fóra dos comicios municipais.

Seguir leyendo »

O futuro do Centro Galego de Bos Aires

20 enero 2011
Dona Diáspora sabe que malia todos os contratempos o heroico Centro Galego de Bos Aires sairá adiante. Non esquece que temos unha gran débeda cos nosos irmáns na Arxentina. Unha débeda que non se arranxa coas subvencións autonómicas ou estatais. Aínda que agora axudemos cun millón de euros anuais non facemos nada que se poida considerar como extraordinario.

Seguir leyendo »

Un agasallo dos galegos das mil singraduras

10 enero 2011
Dona Diáspora comezou o novo ano polas rúas de Avellaneda. Quixo aproveitar a mañá na capital arxentina antes de que as fortes temperaturas lle abafen o seu paseo pola avenida Mitre ata a sede social de ‘Independiente’ que naceu xustamente neste primeiro día de xaneiro de 1906. Os famosos vermellos naceron ao mesmo tempo que ao seu redor se ían abeirando centos de ilusións galegas.

Seguir leyendo »

Unhas garimosas apertas de dona Diáspora

23 diciembre 2010
Aínda que os anos van facéndose notar no corpo de dona Diáspora non hai que preocuparse porque o seu espírito está incólume e por tanto moi forte. Segue en pé o seu compromiso de loitar para que remate a emigración. Non pode acollerse a ningunha xubilación ou plan de pensión porque hai moito traballo por diante.

Seguir leyendo »

Con Jorge Prelorán en Hollywood

26 noviembre 2010
Dona Diáspora estivo o domingo 21 no Egyptian Theatre na estrea de ‘Huellas y Memoria de Jorge Prelorán’ para felicitar persoalmente a Mabel, Fermín e Emiliano. O pioneiro do cine etnográfico na Arxentina estivo moi preto da colectividade galega nos tempos da realización do seu documental ‘Castelao’ antes de ir buscar abeiro en California. Non esquece aquelas longas conversas na ‘Perla’ de Álvaro Campos.

Seguir leyendo »

Apertas solidarias para Rosario Olveira en Montevideo

11 noviembre 2010
Dona Diáspora está nas beiras atlánticas do sur. Foi convidada polo seu amigo Emiliano Penelas Danussi para a asistir á proxección da curtametraxe ‘Tres minutos de mar’ en Mar del Plata. O seu neto arxentino é un talentoso creador cinematográfico que ademais defende con paixón que o Río da Prata une en irmandade ás culturas arxentina e uruguaia.

Seguir leyendo »

Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal

08 noviembre 2010
Dona Diáspora estivo en dous funerais no Río da Prata. Tiña todo preparado para achegarse ata Montevideo cando recibe a nova do falecemento do ex presidente arxentino Kirchner. Así foi que lle pediu a Graciela Pereira que a acompañase ata a praza de Maio. A nosa neta ía repetindo que o golpe recibido ten que servir para fortalecer a unidade por enriba de calquera liña política.

Seguir leyendo »

Crónicas de la Emigración en la red

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca