Unha ducia de galeguismos na linguaxe popular riopratense
Non é doada a tarefa de determinar o léxico completo de palabras galegas que participaron na formación da linguaxe riopratense, sexa na lingua popular ou no lunfardo. O certo é que os nosos emigrantes deixaron a súa pegada pero nunca se fixo unha investigación filolóxica para identificar, sen dúbidas, todas as nosas palabras. Hai pequenas achegas feitas por afeccionados patrióticos coma ser Luís Seoane ou Antonio Pérez Prado.