O PARQUE DE CAN MERCADER VOLVEU A LUCIR O SEU ESPLENDOR

A Festa Galega que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà polo Corpus foi un éxito

| 06 Junio 2018 - 10:33 h.
Numerosas persoas dérense cita para ver a actuación de Rosalía de Castro.
Numerosas persoas dérense cita para ver a actuación de Rosalía de Castro.

Un ano máis, a popular Festa Galega que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, polo Corpus, ‘Festa Maior’ de Cornellà, volveu a recoller éxitos espectaculares. Tanto no tocante á participación cidadá que lle deu vida, coa súa masiva presenza, no mítico Parque de Can Mercader, como no apoio institucional por parte do Concello de Cornellà, co seu alcalde, Antonio Balmón, así como toda a Corporación Municipal, así como doutras autoridades, entre elas o expresidente da Generalitat José Montilla, e demais institucións de Catalunya.

O Parque de Can Mercader volveu a lucir o seu esplendor e cumpriu coa expectativa prevista pola entidade organizadora, así durante os días 1, 2 e 3 de xuño, milleiros de galegos e non galegos asistiron aos diferentes actos, facendo que esta Festa Galega siga sendo unha cita destacada dentro dos actos programados en Cornellà, co gallo da súa Festa Maior e tamén como acto conmemorativo dos 38 anos de andadura de entidade galega de Cornellá.

 

Homenaxe aos socios

Os actos festivos comezaron o venres pola tardiña coa homenaxe aos socios da entidade mediante a celebración, no recinto da festa, dunha cea de irmandade á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como representantes municipais como o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón; a ‘regidora del Barri’ –onde ten a sede social a entidade–, Aurora Mendo; Rocío García, teniente de alcalde e delegada de área de Políticas de Ciudadanía, entre outras autoridades e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornellà, e na que se lles homenaxeaba, coa Insignia de Prata da entidade, aos socios Concha Rodríguez e Antonio Maixide, que este ano cumpriron 25 anos de antigüidade de militancia na Asociación.

 

 

Noite Celta

Logo da homenaxe aos socios, comezou a Noite Celta, co concerto de Susana Seivane e que congregou en Can Mercader a milleiros de persoas. Unha noite chea de bou música e espectáculo. Non sei se este concerto en Cornellà, nun escenario espectacular como é Can Mercader, e a multitude que a arroupou coa súa presenza e o goce da súa actuación lle deixará un bo recordo, desde logo aquí si que quedou, e a Asociación Rosalía de Castro, Xunta Directiva e socios si que consideran que o grande esforzo que fixeron para poder traela si que mereceu facelo, xa que lle deu e esta gran Festa Galega unha categoría que en Cornellà este ano foi do mellor para tódolos cornellanenses dentro dos actos da Festa Maior da cidade.

 

Ofrenda floral

O sábado pola mañá, despois da resaca do venres, numerosas persoas asistiron á Ofrenda Floral, un acontecemento que anualmente realiza a entidade, nun emotivo acto no que o alcalde de Cornellà, Antonio Balmón Arévalo, e o presidente da Asociación, Oliver Fernández, presidiron depositando o tapiz de flores, representando a Galicia e Catalunya, diante da escultura de Rosalía de Castro, que preside un espazo destacado no Parque Can Mercader.

 

Acto ao que asistiron outras autoridades como os portavoces dos grupos municipais de Cornellà, ademais da corporación municipal, e diversas entidades socioculturais de Cornellà, os partidos políticos con presenza na cidade, depositando cada un deles o seu correspondente ramallo de flores no monólito á Rosalía de Castro, que convive cos visitantes e moradores deste fermoso Parque desde o ano 1990. Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe á musa das nosas letras, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados pola Banda de Gaitas Rosalía de Castro, xunto cos grupos: Castellers de Cornella e Casa Galega de Hospitalet, que participaron no acto coas súas correspondentes actuacións. 

Xa pola tarde, despois do tradicional xantar campestre ao que asistiron unhas duascentas persoas, socios e amigos da entidade, representantes municipais e da vida asociativa de Cornellà, e o presidente de honra da entidade organizadora, José Montilla i Aguilera,  así como representantes da práctica totalidade de entidades galegas en Catalunya, o recinto da festa adornouse coas actuacións dos seguintes grupos: Escola de Gaitas Toxos e Xestas de Barcelona, CCA Blas Infante de Cornellà o da A.C.G. Rosalía de Castro nas súas diversas modalidades, seguido da gran festa rachada tarde e noite coas orquestras, Essencia de Pontevedra e Huracán de Barcelona.

O domingo pola mañá comezaron as actuacións dos grupos: Irmandade Galega de Rubí, C. C. G. Ariiños de Santa Coloma. Así como un espectáculo infantís ‘Xogos, Festa da expuña’. E xa pola tarde, despois dun Xantar campestre, actuacións dos grupos: A.C.G. Agarimos de Badalona, Asociación ‘Cornella per las Donas’ e o da entidade organizadora Rosalía de Castro, os diferentes grupos que compoñen a súa escola de danzas e gaitas galegas. Aínda que pola mañá tivemos problemas coa choiva que nos obrigou a trasladar actuación a unha gra carpa, despois despexou e a festa seguiu con moita xente ata i fanal de festa.

Ás 20.30 horas, deu comezo a festa rachada coa orquestra ‘Essencia’, rematando a festa cos tradicionais fogos artificiais e fin de festa coa popular queimada galega.

Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que a festa merece, no eido gastronómico, numerosas familias déronse cita, á sombra das centenarias árbores de Can Mercader, para degustar xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa con amigos e familiares, unha xuntanza gastronómica e festiva na que se dan citan cada ano amigos e familiares da colectividade galega de Catalunya, que compartiron con socios e amigos da entidade organizadora unha gran festa galega nun dos máis fermosos parques de Catalunya como é Can Mercader de Cornella.

Asemade os asistentes tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etcétera, así como información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago, e todo tipo de produtos da gastronomía galega servidos con exquisitez por Exclusivas Casa Díaz de Lugo.

 

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Libros de Crónicas de la Emigración

Colección Cronicas de la Emigración

Gallegos en Cuba

Hemeroteca