Feijóo recibió a la Banda de Gaitas ‘Xuntanza’ de Cataluña

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu o pasado 23 de marzo á Banda de Gaitas ‘Xuntanza’ de Cataluña, que visitou Santiago de Compostela con motivo da súa participación na Liga de Bandas de Gaitas, que se celebrou na cidade de Compostela ese fin de semana.

Feijóo recibió a la Banda de Gaitas ‘Xuntanza’ de Cataluña

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu o pasado 23 de marzo á Banda de Gaitas ‘Xuntanza’ de Cataluña, que visitou Santiago de Compostela con motivo da súa participación na Liga de Bandas de Gaitas, que se celebrou na cidade de Compostela ese fin de semana.

Despois dunha noite viaxando en autocar, 1.200 quilómetros, os compoñentes da Banda de Gaitas ‘Xuntanza’ de Cataluña foron recibidos polo titular do Goberno galego ás portas do seu despacho en San Caetano, nunha audiencia na que ‘Xuntanza’ estaba acompañada polos presidentes Manuel Prados, da Casa Galega de Hospitalet; Alfonso Rico, da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá; e Juan González, da Agrupación Cultural Galega de Badalona. Os tres presidentes presentaron a Núñez Feijóo este proxecto levado a cabo entre as tres entidades. Ademais e como agradecemento a este acto, ‘Xuntanza’ fíxolle entrega ao presidente dunha gaita personalizada que a banda gañou nos primeiros concursos nos que participou.

O presidente Feijóo agradeceu a visita, así como o agasallo recibido, e puxo en valor o proxecto da Banda de Gaitas ‘Xuntanza’, sinalándoo como exemplo do que deben facer as entidades galegas no exterior, sumar para multiplicar, en palabras do presidente, prometendo que o Goberno que el preside estará á beira de proxectos coma este, por iso quixo recibilos, aquí no lugar onde preside o Goberno de Galicia, un acto cargado de simbolismo e fraternidade que rematou coa interpretación dunha Muiñeira a cargo da banda ‘Xuntanza’.

Logo os compoñentes de ‘Xuntanza’ dirixíronse ao Pazo de Exposicións e Congresos para participar na primeira fase da 23ª edición da Liga Galega de Bandas de Gaitas na que, segundo a organización, participaron uns 3.000 gaiteiros repartidos entra 28 bandas de gaitas.

‘Xuntanza’ participó no primeiro grado coa banda A e no terceiro coa banda júnior, ámbalas dúas se clasificaron para a segunda fase que se celebrará, segundo os organizadores o 27 de xuño en Pontevedra.

A Banda de Gaitas ‘Xuntanza’ participa neste evento, con este nome, desde hai tres anos que se xuntaron as entidades Casa Galega de Hospitalet, A.C.G. Rosalía de Castro de Cornella e A.C.G. Agarimos de Badalona, que se incorporou no 2012, aínda que os seus compoñentes xa son veteranos, pois as dúas primeiras levan moitos anos participando individualmente con notables éxitos.

‘Xuntanza’ é un proxecto que nace, hai tres anos, da fusión de tres proxectos existentes dentro dese mesmo número de entidades culturais galegas en Cataluña. Baixo tres premisas fundamentais, unir a tres entidades, tres cidades, tres xeitos de integrarse na sociedade catalá mantendo a idiosincrasia galega e o amor, a expresión e a promoción da cultura e a lingua galegas nunha país que entende, que respecta e apoia esta forma tan nobre de manter, desenvolver e promover a identidade e a cultura dun pobo.