Concedidos en Cornellá os premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2014

| 03 Diciembre 2014 - 10:18 h.
O alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, pecha o acto de concesión dos premios.
O alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, pecha o acto de concesión dos premios.

O sábado 29 de novembro, tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario Rosalía de Castro 2014, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que este ano acada a súa 28ª edición na modalidade de poesía en lingua Galega e a 11ª na de narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: Miriam Ferradáns, en poesía, e Alba Sánchez, na modalidade de narrativa. 

O acto de concesión dos premios foi precedido dunha charla-coloquio a cargo da escritora Elí Ríos, filla de pais emigrantes galegos en Londres e residente en Galicia, que presentou o seu ultimo libro, ‘Anamnese’, un poemario co que ven de gañar o II premio de poesía Manuel Loureiro.

Pola noite, tivo lugar unha cea celebrada nas dependencias da entidade e presidida polo alcalde da cidade de Cornellá, Antonio Balmón, e o presidente da Asociación, Alfonso Rico, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornella e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña.

O presidente do xurado do certame, Jordi García Guitart (Regidor delegado de la Ciudad de la Lectura y Política Lingüística do Concello de Cornellá), e composto por persoas relevantes da cultura galega, deu a coñecer aos gañadores da edición deste ano 2014.

Na modalidade de poesía, na 28ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, os gañadores foron os seguintes:

Primeiro premio: Miriam Ferradáns Ferradan, de Bueu, polo seu poema titulado ‘O sangue que corre polas rúas’ Dotación, 500 euros.

Segundo premio: Verónica Martínez e Albert Momán, de Lugo, polo poema ‘Tes de embarazo positivo’. Dotación, 300 euros.

Terceiro premio: Xosé Otero Canto, de Lugo, polo seu traballo ‘Rolando o Vento para o Nordés’. Dotación, 200 euros.

Na modalidade de narrativa o mesmo xurado concedeu o premio da 11ª edición do Certame de Narrativa Rosa Reboredo, ao traballo en Galego presentado por, Alba Sánchez Ares, de Santiago, polo seu traballo ‘Querida Lola’. Dotación 500 euros.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Cronicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca