A Asociación Cultural Galega ‘Rosalía de Castro’ entregou os premios do seu certame literario

O pasado 29 de novembro tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e que este ano acadou a súa 22ª edición na modalidade de poesía e a quinta en narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: Cruz Martínez, en poesía, e Xavier Cabús, no apartado de narrativa.

Á cea asistiron o alcalde da cidade de Cornellá, Antonio Balmón; o presidente da Asociación, Ricardo Pérez; e numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a política de Cataluña, ademais de representantes do Pleno Municipal de Cornellá e delegacións do resto de entidades galegas de Cataluña.
O xurado estivo composto pola presidenta da asociación, Pura Salceda; a vicepresidenta, Ana Vázquez; a xornalista María Ferreiro; o profesor de lingua e cultura galega da Xunta de Galicia Ignacio Vázquez; o profesor de secundaria Xulio Couxil; o director do ‘Vento do Leste’ e a vocal da asociación Mónica Rancaño.
Tras duras deliberacións, o primeiro premio na modalidade de poesía, dotado con 1.500 euros, foi para Cruz Martínez, de Vigo, polo seu poema ‘Amante tocada pola antropofaxia’. O segundo premio, provisto de 400 euros, foi parar a mans de Luz Aírado, de Vilalba (Lugo). Mentres, Alba Cid logrou o tercer premio, dotado con 300 euros, polo seu traballo ‘Traxecto de raxeiras e auganeves’.
Xa na modalidade de narrativa concedéuselle o premio da quinta edición do Certame ‘Rosa Reboredo’, de 1.000 euros, a Xavier pola súa obra ‘Buganvíl.lia de Paper’.