A ENTIDADE ORGANIZOU UNHA CONFERENCIA SOBRE POETISAS CONCIENCIADAS COA IGUALDADE DE XÉNERO

‘Rosalía de Castro’ de Cornellá colaborou nos actos do Día da Muller Traballadora

O pasado día 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller Traballadora. Este ano, como ven sendo habitual desde hai moitos, a cidade de Cornellá organizou actividades de sensibilización a favor da igualdade de xénero, impulsadas polo ‘Consell Municipal de la Dona’ e a colaboración das principais entidades socioculturais da cidade, nas que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro ten un papel destacado.
‘Rosalía de Castro’ de Cornellá colaborou nos actos do Día da Muller Traballadora
Un intre da conferencia organizada pola asociación galega.
Un intre da conferencia organizada pola asociación galega.
O pasado día 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller Traballadora. Este ano, como ven sendo habitual desde hai moitos, a cidade de Cornellá organizou actividades de sensibilización a favor da igualdade de xénero, impulsadas polo ‘Consell Municipal de la Dona’ e a colaboración das principais entidades socioculturais da cidade, nas que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro ten un papel destacado, xa que, ademais de organizar o seu propio acto, participa activamente no resto de actividades que desde o Concello se levan a cabo.
Neste senso, o día 10 de marzo tivo lugar o acto principal da entidade galega en Cornellá coa celebración dunha conferencia na que a poesía en feminino foi a protagonista. O historiador Jordi Maddaleno disertou sobre unha escolma de poetisas que na súa obra fan especial refencia o terma da igualdade de xénero e, entre elas, houbo especial mención a musa da entidade, Rosalía de Castro.
Durante a celebración actuou o cantante barítono Carlos Daza, quen se encargou de recitar poemas das poetisas protagonistas da conferencia, que rematou cun recital poético no que, ademais de Daza, recitaron poemas de autoras galegas os socios da entidade galega Xulio Couxil, Armando Fernández e Conchita Rodríguez. A interpretación dos imnos galego e catalán correu a cargo dunha das gaiteiras da Asociación, Mariche Rodríguez.
Logo da charla, as mulleres da Asociación convidaron aos asistentes a una degustación de produtos típicos da repostería galega elaboradas por elas mesmas para rematar estas datas coa celebración festiva dedicada a tódalas persoas que sofren discriminación.
O día anterior pola noite, a entidade Rosalía de Castro participou activamente na organización do evento máis significativo que se organiza en Cornellá desde hai 15 ano cando o Concello creou o ‘Consell Municipal de la Dona’, como é a cea das mulleres, que tivo lugar no Pazo de Congresos da Fira de Cornella. Máis dun milleiro de mulleres asistiron este ano, e durante o acto se recadaron fondos para loitar contra a desigualdade de xénero.
A entidade Rosalía de Castro contribuiu a celebración coa participación activa das súas mulleres e a actuación do seu grupo da Danza e a Banda de Gaitas, que foron os que lle puxeron os acordes musicais ao evento.