A COLECTIVIDADE GALEGA EN CATALUÑA RECUPERA UNHA NOVA EMISIÓN DE RADIO EN GALEGO

O programa ‘Galegos no Baix’ volve a emitirse

O día 13 de marzo comezou unha nova emisión de radio en galego en Cataluña, desde as ondas da emisora municipal de San Boi de Llobregat, volveu e emitirse o programa de radio en lingua galega ‘Galegos no Baix’.
O programa ‘Galegos no Baix’ volve a emitirse
Armando Fernández –no centro–, Xulio Couxil e Antonio Díaz.
Armando Fernández –no centro–, Xulio Couxil e Antonio Díaz.
O día 13 de marzo comezou unha nova emisión de radio en galego en Cataluña, desde as ondas da emisora municipal de San Boi de Llobregat, volveu e emitirse o programa de radio en lingua galega ‘Galegos no Baix’.
Os encargados de levar adiante este novo proxecto de divulgación da cultura galega en Cataluña son Armando Fernández López, como director, unha persoa que foi dos primeiros que comezou nesta xeira de emitir e falar en galego na radio aquí en Cataluña, e Xulio Couxil, director do programa ‘Sempre en Galiza’, xunto cun equipo de colaboradores que desde Galicia e Cataluña irán debullando as novas de interese social, cultural e político de Galicia así como as da colectividade galega en Cataluña. Destacar a participación como correspondentes desde Padrón do xornalista e pintor Masito Beiró e desde as terras de Lemos de Xosé Manuel Fernández Montes. O programa conta ademais co soporte da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella e os compoñentes do equipo do programa son socios da entidade na que tamén realizan o programa ‘Sempre en Galiza’ en Radio Cornella.
O contido principal do programa, que xa se emitira nesta emisora nos anos 1995 e 1996, é o da divulgación dos aconteceres da colectividade galega no exterior e en especial en Cataluña, así como as novas de interese social e cultural de Cataluña e Galicia, con entrevista a personaxe de interese no eido cultural, musical, deportivo, social, etc.
O programa emítese tódolos martes de 16 a 17 horas, (en principio aínda que está previsto aumentar o horario) no dial 89.4 da FM/ Radio San Boi, tamén se pode escoitar por internet en: http://galegosnobaix.blogspot.com/ ou
 www.santboi.cat/.../CEEF47EC57C53B44C1257
Tamén poñen ao servizo dos oíntes un correo electrónico no que se poden enviar, novas, comentarios etc.: galegosnobaix@gmail.com