A DIRECTIVA ACORDOU CONCEDERLLE A ‘MEDALLA DE OURO’ O TESOREIRO LUIS TRIGO DOMíNGUEZ

Pecháronse os actos da Semana Cultural Galega que o Centro Galego de Lleida celebra cada ano polo Entroido

O domingo 15 de febreiro, pecháronse os actos de celebración da Semana Cultural Galega que o Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, celebra cada ano polo Entroido.

Pecháronse os actos da Semana Cultural Galega que o Centro Galego de Lleida celebra cada ano polo Entroido
conferencia-paquita-sanvicen-11
Paquita Sanvicen ofreció la conferencia 'Lleida, explicada pels poetes'.

O domingo 15 de febreiro, pecháronse os actos de celebración da Semana Cultural Galega que o Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, celebra cada ano polo Entroido.

Coa celebración dunha misa, na igrexa parroquial de Sant Jaume, tivo lugar, na sede social do Centro a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios na que se presentaron o estado de contas da entidade mailos orzamentos para o ano 2015 que foron aprobados por unanimidade dos socios asistentes. Tamén se procedeu a confirmar a Xunta Directiva, por un ano máis, quedando constituída da seguinte forma: Presidente, José Terceiro Folgar; vicepresidenta primera, María Alba Gil Bardanca; vicepresidente segundo, Daniel Vila López; secretario, Eligio Suevos Otero; vicesecretario, Carlos Alonso Bellmunt; tesoureiro, Luís Trigo Domínguez; vogal Organización actos, José Domínguez Rodríguez; presidenta Vocalía da Muller, Marta Roigé Mostany; vogal Relacións Públicas, Dolores Blanco Roo; e vogal, Antonio Sanmartín Sanmartín.

Antes de rematar a Asemblea, foi lida unha acta da Xunta Directiva, na que acordaron por unanimidade concederlle a ‘Medalla de Ouro’ o tesoreiro Luis Trigo Domínguez, pola súa entrega e dedicación, a tódolos actos que organiza a entidade e as labores de contabilidad. Despóis tódolos asistentes degustaron un viño procedente de Galicia e máis un apetitoso aperitivo. Acto seguido tódolos asistentes remataron a xornada cun bo ‘Xantar de Irmandade’, con queimada incluída e baile no local social ata ao final da tarde. Acto no que foron acompañados dos concelleiros do ‘Ajuntament’ de Lleida, Dolors Arderiu Sabaté, Francesc Josep Cerdá Esteve, Gemma Batalla Casanovas e Joan Gómez López, ademáis do presidente da Federación de Casa e Centros.

O venres día 13, e cun cheo total do local social da entidade, fixeron á presentación do número 28 da revista ‘Xurdimento’ 2015 a cargo de Antonio Siurana i Zaragoza, ex alcalde de Lleida. O presidente do Centro, Xosé Terceiro Folgar, deu a benvida a todos os presentes, socios, amigos e simpatizantes que os acompañaban, e moi especialmente ás distintas autoridades locais, coma o alcalde de Lleida, Ángel Ros i Domingo, e os ‘rexidores’ do concello de Lleida, Jesús Castillo Cervelló, Joan Gómez López, María Rosa Ball Papiol, Francesc Josep Çerdá Esteve, Joan Vilella Jounou, e Gemma Batalla Casanovas, asi coma Jordi Curcó i Pueyo, director de Serveis Territorials de la Generalitat de Catalunya; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; o presidente ‘Dels Armats de Lleida’, Josep Angel Comes i Serret; a presidenta da Casa de Cantabria, María Eugenia Fernández Puente; o presidente da Casa de Aragón de Lleida, Jesús Monter; o presidente da Casa de Castela e León, Oscar Sánchez Gómis; o presidente da Casa de Estremadura, Gregorio Gálvez; e o presidente da Casa de Andalucía, Jordi Solana. Ao finalizar, tódolos presentes foron obsequiados cun viño galego e un ágape. Foi todo un grande éxito.

O xoves día 12, no local social da entidade, Paquita Sanvicen Torné pronunciou unha conferencia baixo o lema ‘Lleida, explicada pels poetes’, arroupada polas seguintes autoridades locais: os ‘rexedores’ do concello de Lleida Josep Barberá Morreres, Joan Gómez López e a presidente da Casa de Aragón de Lleida, Jesús Monter.

O mércores día 11, no local social da entidade, a Rosa María Pérez Pérez pronunciou unha maxistral conferencia baixo o lema ‘Do trato inadecuado aos posibles malos tratos nas persoas maiores’. Un acto que congregou a un importante número de persoas ademais das seguintes autoridades locais: os ‘rexedores’ Xtema Alonso Fernández, Gemma Batalla Casanovas e Pau Pintó Torné, así como o presidente ‘Dels Armats de Lleida’, Josep Angel Comes i Serret, e a presidenta da Casa de Cantabria, María Eugenia Fernández Puente.

O martes día 10 comezaron os actos no local social da entidade, onde os nenos fillos e netos dos socios do Centro fixeron unhos divertidos debuxos; ó mesmo tempo celebráronse interesantes e disputadas partidas de cartas e parchís. Unha vez rematados os actos, todos foron obsequiados cun saboroso e rico chocolate acompañado dunha exquisita coca doce.

Máis información no Blog do Centro: https://cengallei.wordpress.com/