Coa colaboración da Asociación Cova da Serpe de Barcelona e da Fegalcat

A Irmandade A Nosa Galiza de Mollet celebrou o Día da Muller Rural

O pasado domingo 27 de marzo tivo lugar no Teatro de Can Gomà de Mollet del Vallés o Día da Muller Rural, organizado por Irmandade A Nosa Galiza, e coa colaboración da Asociación Cova da Serpe de Barcelona e da Fegalcat.

A Irmandade A Nosa Galiza de Mollet celebrou o Día da Muller Rural
Nosa Galiza Mollet-Muller rural 55
Un momento del acto celebrado.

A presidenta da entidade organizadora, Marisol Pérez, deu inicio as actividades inaugurando unha exposición de cadros de poetas galegas da autoría de debuxante Siro. Seguiu unha conferencia de Inma Bajo, lectura de poemas, un sainete do grupo ‘O Sofá do Camión’, finalizando coas actuacións das pandereteiras de Cova da Serpe e a Banda de Gaitas de Irmadade A Nosa Galiza.

Ao acto acudiron representantes do concello de Mollet, así como representantes da Fegalcat e de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia.