A Irmandade Galega de Rubí conmemorou a Festa da Matanza
Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron un ano máis a Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios participan activamente, nun dos parques máis significativos ca cidade ‘Can Oriol’.
Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron un ano máis a Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios participan activamente, nun dos parques máis significativos ca cidade ‘Can Oriol’. Como se dunha familia se tratase, segundo marca a tradición galega, dedican unha semana á Matanza, despois de sacrificar o porco nun matadoiro, por que agora iso de facelo no cortello polo menos aquí en Cataluña non se permite, as cousas hai que facelas con tódalas garantías sanitarias, pero a celebración festiva si que a fan á antiga usanza, elaborando os productos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando o Domingo coa a degustación das viandas ao aire libre.
Ó Parque ‘Can Oriol’ acoden desde a alcaldesa da cidade ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña, ou mesmo un veciño da vila. Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto Galegos, e unha cunca de viño fan as delicias de calquera que guste desta festa, e son moitos os que circulan polo devandito parque, ademais do xantar institucional, ao que este ano asistiron ó redor de 300 persoas, un xantar popular no que atópase desde a alcaldesa de Rubí, Carmen García Lores; a directora xeral de Acción Cívica e Comunitaria da Generalitat de Catalunya, a deputada Isabel López Chamoso; os directivos da Irmandade Galega, socios e amigos da entidade, representantes do resto de entidades galegas de Cataluña así como das diversas Casas Rexionais de Rubí, e os membros da Corporación Municipal. Degustaron os manxares, cociñados con moito agarimo polos compoñentes de entidade galega da vila de Rubí.