A Irmandade Galega de Rubí conmemora, un ano máis, a Festa da Matanza

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron, un ano máis, a Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios participan activamente.

 

 

 

 

A Irmandade Galega de Rubí conmemora, un ano máis, a Festa da Matanza
M-porco Rubi 2014 004
Un momento da preparación da comida.

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron, un ano máis, a Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios participan activamente. O evento celebrado nun dos parques máis significativos da cidade ‘Can Oriol’, como se dunha familia se tratase, segundo marca a tradición galega dedican unha semana á Matanza, unha celebración festiva que fan á antiga usanza, elaborando os productos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando o Domingo coa a degustación das viandas ao aire libre.

Ao parque ‘Can Oriol’ acudiron desde a alcaldesa da cidade, Carmen García Lores, ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña, ou mesmo un veciño da vila. Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto galegos, e unha cunca de viño, fan as delicias de calquera que guste desta festa, e son moitos os que circulan polo devandito parque, ademais do xantar institucional ó que este ano asistiron ó redor de trescentas persoas, un xantar popular no que atopamos unha ampla representación das institucións municipais, representantes da maioría de entidades galegas en Catalunya e diversas personalidades como a deputada Isabel López Chamoso, os directivos da Irmandade Galega, socios e amigos da entidade, así como das diversas casas rexionais de Rubí, saboreando os ricos manxares, cociñados con moito agarimo polos compoñentes da entidade galega de Rubí.