SALUDO DE MANUEL FRAGA CON MOTIVO DEL NÚMERO 1 DE GALICIA EN EL MUNDO
Dende Galicia e para os galegos do mundo
Fillo como son de emigrantes, e preocupado dende sempre polo riquísimo e aportador mundo da nosa diáspora –sen el é imposible ter un coñecemento cabal de Galicia–, veño practicando, dende que a maioría dos galegos me deron a súa confianza, unha das tarefas máis gratas e emotivas para o Presidente do Goberno autónomo de Galicia; manter periódicos contactos coas nosas comunidades do exterior. Só achegándonos a eles, poniendo en práctica a Lei de galeguidade, escoitando as súas opinións, e resolvendo os seus problemas, faremos realidade o vello desexo de que haxa unha soa Galicia.

Os galegos de dentro e os de fóra debemos senti-lo orgullo de formar parte da mesma comunidade. Non pode ser doutra maneira, hai que evita-la dor e as rachaduras que nos impón a distancia. Hai que unir na idea común ós galegos da Arxentina, ós do Uruguay, ós de Cuba, ós do Brasil e Chile, ós que residen en Venezuela e México. En fin toda a nosa xente que ten o seu fogar, na inmensa América, dende a Patagonia máis austral ata o Canadá máis ártico, dende o Caribe ó Pacífico. Eles son parte activa deste vello pobo, son a saiba, e os froitos máis queridos da vella árbore chantada no solar dos devanceiros, na terra nai, no principio de tódolos camiños que parten de aquí e que non todos teñen desandado.
O meu saúdo nesta ocasión, vai intimamente ligado ó nacemento do semanario ‘Galicia en el Mundo’. Por iso quero achegarme tamén especialmente, ós emigrantes de Gran Bretaña, en Bélxica, en Francia, ós que nunca deixo de visitar e recibir en tódalas ocasións necesarias, para ofrecerlles a nosa colaboración, as nosas axudas e tamén os proxectos que permitan estreita-la relación de Galicia con Europa, a unión dos galegos en Europa.
Para tódolos lectores de ‘Galicia en el Mundo’, para os que a través das súas páxinas ides recibi-las novas da vosa terra, con interés e con emoción, a mesma sensación que experimentamos coas cartas dos seres máis queridos. Para tódolos homes e mulleres que traballan e soñan con Galicia, vai nesta data o saúdo do voso Presidente e a promesa firme de que a Galicia do futuro, esa que estamos e que estades construíndo, será sen dúbida unha sociedade moderna e avanzada. Pero eu tamén quero que sexa unha terra agradecida e solidaria para con tódolos que a miles de quilómetros de distancia seguides facendo e engrandecendo a Galicia, día a día, de sol a sol, co voso traballo, co voso sentimento, na nosa fala, coas mesmas festas e tradicións, con todo o que nos autoidentifica como pobo. Gracias pola vosa dignidade e polo voso esforzo.
Manuel Fraga Iribarne (Saludo del presidente de la Xunta, con motivo de la publicación del número 1 de Galicia en el Mundo)