NO EVENTO SE PRESENTOU A NOVA XUNTA DIRECTIVA, CUNHA IMPORTANTE RENOVACIÓN

O Centro Galego Nós de Sabadell celebrou a 1ª Festa do Lacón, centrado na promoción de produtos de Galicia

| 10 de marzo de 2016, 15:10
Festa lacon sabadell (1)
Un momento da actuación da Coral do Club Natación Sabadell.

Sabadell acolleu a 1ª Festa do Lacón, organizada polo Centro Galego Nós, os pasados días 4, 5 e 6 de marzo no ‘Eixe Macià’, á beirarrúa do Parque Cataluña da Cidade.
A festa estivo centrada na promoción de produtos de Galicia, e contou cunha feira de varios deles durante os tres días. Con este novo evento, o Centro Galego Nós, que preside Manuel Vázquez, quere ofrecer unha porta de entrada en Sabadell dos produtos de Galicia, tanto no ámbito gastronómico como no da artesanía galega, e facelo anualmente, de forma continuada.
O programa da Festa incluíu actuacións do grupo de Gaiteiros do Centro Galego Nós, da Coral do Club Natación Sabadell, do dúo Titanic. Tamén o domingo tivo lugar unha comida de irmandade para socios e simpatizantes da entidade, cun menú no que o lacón foi o protagonista. Para a inauguración do evento celebraron unha cata de produtos gastronómicos galegos acompañados dunha abundante variedade de viños de Galicia.

Segundo o presidente da entidade, Manuel Vázquez, “o evento foi todo un éxito pola súa acollida por parte dos sabadellenses, así como polas autoridades locais, e foi moito o público que durante o fin de semana visitou a festa e mesmo participou dela, deixándonos un moi bo sabor de boca que nos anima para o próximo ano volver a facelo”.

Asemade, tamén aproveitaron este evento para presentar a nova Xunta Directiva do Centro elixida hai uns días, presidida por Manuel Vázquez Osorio, que terá unha duración de dous anos e conten unha importante renovación. Está composta por Amador Castro, Manuel Ribero, José María Hinojo, Javier Redondo e Antonio Vázquez. Tamén se incorporan como colaboradores Juan Díaz, Manuel Salamanca, Antonio Córcoles, Celsa Pacín, Alicerce Carballido e Adelina Camoira.

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca