A ENTIDADE DIXO ADEUS O ANO 2011 CON DIVERSAS ACTIVIDADES
O Centro Galego de Lleida celebrou o tradicional Concerto de Nadal
O Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, pechou un ano cheo de actividades, no que a pesar da crise actual conseguiron manter viva esa chama alentadora que fixo que a colectividade galega de Lleida, un ano máis, deixe a pegada galega na cidade moi alta, despedindo o 2011 cun mes de Nadal no que levaron a termo diversas actividades como o Concerto de Nadal, entre outros.
O Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, pechou un ano cheo de actividades, no que a pesar da crise actual conseguiron manter viva esa chama alentadora que fixo que a colectividade galega de Lleida, un ano máis, deixe a pegada galega na cidade moi alta, despedindo o 2011 cun mes de Nadal no que levaron a termo diversas actividades como o Concerto de Nadal, celebrado o sábado día 17 de decembro, na ‘Esglèsia del Sagrat Cor’ de Raimat, no que o Coro Cengallei, participou no concerto organizado pola ‘Coral Montserratina de Raimat’ que, xunto coa coral ‘Veus Unides d`Almacelles’, interpretou as seguintes pezas musicais: ‘Alalá de Lemos’, ‘Alalá da Pena’, ‘Foliada de Cambados’, ‘A Rianxeira’ e ‘Nadal Nadal’, baixo a dirección de Rosa González Mahía.
O día 15 de decembro, e organizado pola Vocalía da Muller con motivo da festividade de Santa Lucía, levouse a cabo unha conferencia a cargo de Bea Obis Aguilar, concelleira do ‘Ajuntament de Lleida’, baixo o título de ‘O comercio e a Dona’. O acto foi moi interesante e dun grande interese para todos os asistentes. Ao finalizar, deu comezo unha quenda de intervencións dos asistentes, finalizando coa entrega, polo presidente da entidade, Xosé Terceiro, dun pequeno agasallo á conferenciante. Despois todos os asistentes degustaron un refrixerio.
O día 14, na Aula Magna de ‘l`Institut de Estudis Ilerdencs’, o Coro Cengallei participou no ‘7è Cicle dels Cors de Nadal’, organizado pola ‘Agrupació Ilerdenca de Pessebristas’ de Lleida, xunto coa coral ‘Llar de Jubilats de Sant Anastasi’ de Lleida, e a coral ‘Flor d’Espígol’ de Rosselló, rematando o acto coa canción ‘Nadal, Nadal’ que interpretaron conxuntamente tódalas corais, acadando, coma sempre, un rotundo éxito.
O día 13, con motivo da festividade de Santa Lucía, a Vocalía da Muller do Centro Galego organizou unha cea de irmandade no local Social do Centro das asistentes ás actividades de manualidades, que se realizan todos os martes e xoves. Entregáronlle á profesora María Alba Gil Bardanca uns obsequios como mostra de agarimo polo labor que vén desenvolvendo.
O día 12, igual que en anos precedentes, o Centro colaborou na Maratón de TV3, participando na 15ª edición do festival de Nadal que se celebrou no Teatro Municipal de l`Escorxador de Lleida. O acto foi organizado pola Federación de Casas Rexionais de Lleida ante numeroso público e autoridades locais e da Generalitat. Actuaron os seguintes coro: Centro Estremeño, Casa de Castela e León, Casa de Aragón, Casa de Andalucía, Centro Galego e Casa de Cantabria.
Así durante o mes da Nadal celebraron outras actividade como as visitas as residencias de ancianos da cidade, Juana Jugan e Aitona para compartir cos residentes e levarlles a música e cancións tradicionais de Nadal.