Como remate, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios

O Centro Galego de Lleida celebrou a súa Semana Cultural Galega cunha serie da actividades

Despois da celebración da tradicional festa da ‘Matanza do Porco’, que cada ano os amigos do Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, organizan con moito agarimo, deron comezo os actos de celebración da Semana Cultural Galega desta entidade, cunha serie da actividades.

O Centro Galego de Lleida celebrou a súa Semana Cultural Galega cunha serie da actividades

Despois da celebración da tradicional festa da ‘Matanza do Porco’, que cada ano os amigos do Centro Galego de Lleida, que preside Xosé Terceiro, organizan con moito agarimo, deron comezo os actos de celebración da Semana Cultural Galega desta entidade, cunha serie da actividades.

A festa da ‘Matanza do Porco’ reuniu a un numeroso grupo de comensais, socios e amigos do Centro, acompañados polos concelleiros do Concello de Lleida Félix Larrosa Pique, Marisa Xandri Pujol e Francesc Josep Cerdá Esteve; o subdelegado de Defensa Coronel DEM Fernando Rodríguez de Rávena e o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir, que puideron degustar un xantar baseado en produtos derivados do porco, rematando coa clásica bebida da nosa terra: a queimada.

O acto de inauguración da Semana Cultural Galega tivo lugar o luns 17 de febreiro, no que compoñentes da Vocalía da Muller reuníronse no local social do Centro Galego para preparar a exposición dos traballos manuais realizados durante o curso, como inicio da Semana Cultural da entidade, e celebralo cun xantar de irmandade no restaurante do Centro. Pola tarde, o presidente da entidade, Xosé Terceiro Folgar; a presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; e a profesora de “patchwork” María Alba Gil Bardanca, fixeron o acto de presentación da Semana Cultural arroupados de socios, e coa presenza do ‘7º tenient d´ alcalde de l` Ajuntament’ de Lleida, Francesc Josep Cerdà Esteve. Ao final do acto, foi ofrecido a todos os asistentes un ágape regado con viño do Ribeiro.

O martes 18 de febreiro, no local social do Centro, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que os socios e simpatizantes achegaron, contando coa presenza do concelleiro do ‘Ajuntament’ de Lleida Francesc Josep Cerdà Esteve. O acto finalizou coa degustación, por tódolos presentes, dos múltiples, exquisitos e variados pratos. O presidente da entidade e a presidenta da Vogalía da Muller fixeron o agasallo dunha planta aos participantes.

O mércores 19 de febreiro, os nenos, fillos e netos dos socios do Centro fixeron uns divertidos debuxos; ó mesmo tempo celebráronse interesantes e disputadas partidas de cartas e de parchís. Unha vez rematados os actos, todos foron obsequiados cun saboroso chocolate acompañado dunha exquisita coca doce e creps.

O xoves 20, no local social da entidade, Francesc Guillaumet Pijuán, director do diario ‘A Mañá’ de Lleida, pronunciou unha conferencia baixo o título ‘Prensa escrita ou prensa dixital’. O conferenciante fixo unha disertación moi detallada da evolución dos periódicos tanto escritos como dixitais. Acompañados das seguintes autoridades locais: subdelegado do Goberno en Lleida, José Crespín Gómez, os concelleiros do ‘Ajuntament’ de Lleida, Félix Larrosa Piqué, Begoña Iglesias Delgado, Paco Cerdá Esteve, Sergio González Arroio e Javi Palau Altarriba; e o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García Mir. Unha vez finalizado o acto, todos os asistentes degustaron un refrixerio regado con viño do Ribeiro.

O venres 21 de febreiro, cun cheo total do local social da entidade, fixeron o acto de presentación do número 33 da revista ‘Xurdimento 2020’, a cargo de Antonio Casas Calviño, subsecretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia. O presidente do Centro, Xosé Terceiro Folgar, deu a benvida a todos os presentes, socios, amigos e simpatizantes, e moi especialmente ás distintas autoridades locais que os acompañaban, entre elas o subdelegado do Goberno en Lleida, José Crespín Gómez; os ‘rexedores’ do Concello de Lleida, Jaume Rutllant i Casas, Francesc Josep Cerdá Esteve, Elena Ferre Toldrà, Marisa Xardri Pujol e José Luis Osorio Fernández; o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; o presidente dos pesebristas de Lleida, Jordi Curcó Pueyo, ademais dos presidentes das Casas Rexionais que pertencen á Federación de Lleida. Tamén os acompañaron a presidenta da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), Silvia Castañeda; o presidente da Asociación Cultural Galega de Saudade (Barcelona), Francisco Javier Rodríguez López e o seu tesoureiro, Senén López; o famoso locutor de radio Manolo Valdés e o profesor da Universidade de Lleida Amat Baró González. Ao finalizar o acto, o presidente do Centro entregoulle un agasallo ao conferenciante.

Como remate da Semana Cultural, o domingo 23 de febreiro, despois de asistir á celebración dunha misa, polos que xa non están, na igrexa parroquial de ‘Sant Jaume’ cantada pola coral ‘L`Estel del Cercle de Belles Arts de Lleida’ e, ás 13:30 horas, no local social da entidade, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios na que, seguindo a orde do día, o secretario leu o estado das contas da entidade mailos orzamentos para o ano 2020 que foron aprobados por unanimidade. O vicesecretario leu un resumo das actividades levadas a cabo no ano 2019 e un anticipo das que se ten a desenrolar no ano 2020 na entidade. Despois, e seguindo o contido dos artigos 16 e 21 dos estatutos, procedeuse a confirmar a Xunta Directiva, quedando da seguinte forma: Presidente, Xosé Terceiro Folgar; vicepresidenta, María Alba Gil Bardanca; secretario, Eligio Suevos Otero; tesoreiro, Antonio Sanmartín Sanmartín; Vocal de Organización dos actos, Xosé Domínguez Rodríguez; Pta. Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; Vogal Relacións Públicas, Dolores Blanco Roo; e vogales Victoriano Camilo Rocha González e Xosé Gigato Trujillo. Acto seguido, tódolos asistentes remataron a xornada cun bo xantar de irmandade con queimada incluída, e sendo todo ilo amenizado polo conxunto musical ‘Grupo The Goldem Saxo’, que deu un extraordinario recital de música. Tamén os acompañaron os concelleiros do ‘Ajuntament’ de Lleida, Francesc Josep Cerdà Esteve, Regina Cairol Berengueres; o subdelegado de Defensa en Lleida Coronel DEM Fernando Rodríguez de Rávena, ademais do presidente da Federación de Casa e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir.