O Centro Galego de Lleida celebra a súa Semana da Cultura Galega

Un ano máis o Centro Galego de Lleida ven de celebrar a Semana Cultural, durante a cal se levaron a cabo diversas actividades nas que participaron activamente, tanto os socios do Centro, como outras entidades e institucións da Cidade, así como o numeroso público que asistiu a todas elas.
O Centro Galego de Lleida celebra a súa Semana da Cultura Galega
As actividades contaron con numeroso público.
As actividades contaron con numeroso público.
Un ano máis o Centro Galego de Lleida ven de celebrar a Semana Cultural, durante a cal se levaron a cabo diversas actividades nas que participaron activamente, tanto os socios do Centro, como outras entidades e institucións da Cidade, así como o numeroso público que asistiu a todas elas.
Os actos comezaban o luns 13 de febreiro, coa presentación polo presidente da entidade, Xosé Terceiro Folgar, dunha exposición de manualidades que organizou a Vocalía da Muller durante o curso, na que se amosaron os traballos feitos durante o pasado ano, e na que estiveron arroupados, demais do público asistente, polos ‘rexedores’ do Concello de Lleida: Dolors Arderiu Sabaté, María Rosa Ball i Papiol, Gemma Batalla Casanovas e Joan Vilella Jounou. Ao final do acto foi ofrecido a tódolos asistentes, un ágape regado con viño do Ribeiro.
O martes, celebrouse o acto para os cativos do Centro, con xogos infantís e o concurso de debuxos feitos polos fillos e netos dos socios, rematando o acto cunha chocolatada acompañada de doces.
O mércores, unha conferencia a cargo do humorista Xema Solé, baixo o título ‘A maxia e os seus trucos’ ilustrou aos asistentes con diversos xogos e trucos de maxia, un acto moi concorrido que tamén contou coa presenza de autoridades como, os ‘rexedores’ do Concello de Lleida, Dolors Arderiu Sabate, Gemma Batalla Casanovas e Joan Vilella Jounou; o presidente da Federación das Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir; o vicepresidente da Casa de Aragón, Víctor Anadón; o presidente da Casa de Castela e León, Óscar Sánchez, e o vicepresidente da Casa de Estremadura, Antonio Chamorro.
Seguindo os actos programados dentro da Semana Cultural, o xoves, no local social do Centro, celebrouse unha conferencia a cargo de Juan Carlos Rodríguez Blancas, baixo o título ‘Que sorte, tocoume a lotería sen xogar’, e outros timos por internet, na que relatou as variedades de timos ou trucos que se poden atopar hoxe na rede. O acto foi dun grande interese para todos os asistentes que enchían o local social.
O venres, e cun cheo total do local social da entidade, fíxose a presentación do número 25 da revista ‘Xurdimento’, a cargo de Miguel Padilla i Díaz, vicepresidente da Deputación de Lleida. O presidente do Centro, Xosé Terceiro, deu a benvida a todos os presentes, socios, amigos e simpatizantes que os acompañaban, e agradeceu a colaboración de tódolos que participaron no contido da revista, e moi especialmente ás distintas autoridades locais presentes, entre outros os concelleiros Dolors Arderiu Sabaté, Joan Gómez López e Francecs Josep Cerdà Esteve; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García Mir; os presidentes das Casas Rexionais de Lleida: Casa de Aragón, Jesús Monter; Centro de Castela e León, Oscar Sánchez; e Casa de Andalucía, Jordi Solana, e Casa de Estremadura. Despois fixo unha breve reseña do conferenciante, dándolle seguidamente a palabra, quen fixo o desglose do contido da revista, dando unha pequena pincelada dalgúns dos artigos que contén a mesma.
Para finalizar os actos, o domingo pola mañá asistiron á celebración dunha misa, na igrexa parroquial de Sant Jaume, na que actuou a Coral Cenagallei do Centro interpretando a parte musicada e cantada de mesma.
De seguido no local social da entidade, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios na que, seguindo a orde do día, procedeuse á aprobación por unanimidade do estado das contas da entidade, mailos orzamentos para o ano 2012.
Despois, e seguindo o contidod o articulado estatutario, procedeuse á elección da Xunta Directiva, quedando constituída da seguinte forma:
Presidente, Xosé Terceiro Folgar; vicepresidente 1º, Eligio Suevos Otero; vicepresidenta 2º, María Alba Gil Bardanca;  secretario, Daniel Vila López; vicesecretario, Carlos Alonso Bellmunt; tesoureiro, Luís Trigo Domínguez; vogal Organización Actos, José Domínguez Rodríguez; Pta. Vocalía da Muller, Marta Roigé Mostany; vogal Relacións Públicas, Dolores Blanco Roo; e vogal Antonio Sanmartín Sanmartín.
Acto seguido, tódolos asistentes remataron as xornadas cun ‘Xantar de Irmandade’ con queimada incluída e baile no local social ata ao final da tarde.