Celebrado o 17 de maio, Día das Letras Galegas

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá ven de organizar o II Fiandón de este ano 2015

Co gallo do Día das Letras Galegas, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que preside Alfonso Rico, ven de organizar o II Fiandón de este ano 2015.

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá ven de organizar o II Fiandón de este ano 2015
CORNELLA.LETRAS GALEGAS (3)
El teatro también tuvo un hueco en la celebración del Fiandón.

Co gallo do Día das Letras Galegas, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que preside Alfonso Rico, ven de organizar o II Fiandón de este ano 2015, una iniciativa do cantautor galego, socio da entidade, Alfredo González, quen xunto coa Directiva da Asociación, puxeron en marcha, para una mellor dinamización cultural da entidade, un acto no que se desenvolven actividades que van desde a música, o humor, teatro, exposicións ou conferencias.

Nesta segundo Fiandón, celebrado o 17 de maio Día das Letras Galegas, leváronse a termo diversas actividades que comezaron cunha conferencia a cargo do profesor Xulio Couxil Vázquez, que fixo una exposición literaria e histórica das letras Galegas, e do homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde.

Pola súa banda, o cantautor Alfredo González ofreceu un recital musical, xunto co pianista Mariano Alonso, no que interpretaron cancións como ‘Negra Sombra’, ‘Arlequín Dourado’ ou ‘Alalá das Mariña’, así como a obra que o cantautor compuxo para este acto, ‘O Pradiño da Cancelada’, cantiga inspirada dun cadro da pintora Amelia López, socia da entidade galega de Cornellá.

A pintora e directora do grupo de teatro da entidade ‘Anduriña’, Amelia López, ademais das obras que ten expostas no salón da entidade, presentou neste acto unha mostra de seis obras  en acuarela con paisaxes galegos, os que o cantautor lles poxo un poema a cada un deles.

E para peche do evento, o Grupo de Teatro ‘Máscaras’, do Círculo Artístico Literario ‘Semillero Azul’, de Cornellá, representou a obra ‘Pobres, pobres, pobrísimos’, una comedia do autor  Alonso Millán e dirixida por Genoveva Fernández, obra moi divertida que fixo pasar unha tarde gozosa ao numeroso público asistente, que aplaudiu con agarimo as diversas intervencións.

Rematou o Día das Letras Galegas na ACG Rosalía de Castro de Cornellá o seu presidente, Alfonso Rico, cunhas verbas de agradecemento a tódolos colaboradores neste e noutros actos que se veñen facendo na entidade, animando a seguir facendo colaboracións con outras entidades da cidade pola Cultura Galega e por Cornellá.