Tamén tivo lugar unha conferencia sobre dúas biografías de galegos ilustres

Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma organizou un acto para leer o Quijote en galego, catalán e castelán

O pasado día 23 de abril, con motivo da festividad de Sant Jordi, tivo lugar na sede de Aura Seguros de Santa Coloma o acto realizado pola entidade galega Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma, consistente na lectura ao longo do día do Quijote en galego, catalán e castelán.

Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma organizou un acto para leer o Quijote en galego, catalán e castelán
Santa Coloma56
Manoel Carrete, durante a súa conferencia.

O pasado día 23 de abril, con motivo da festividad de Sant Jordi, tivo lugar na sede de Aura Seguros de Santa Coloma o acto realizado pola entidade galega Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma, consistente na lectura ao longo do día do Quijote en galego, catalán e castelán.

Posteriormente, tivo lugar a conferencia sobre dúas biografías de galegos ilustres como foron Tiberio Ávila e Portela Valladares, impartida polo licenciado en dereito e historia Manoel Carrete, encargado dos trámites do futuro museo da emigración galega en Ourense. O acto contou con moito público, ao igual que a lectura do Quijote. 

O asesor de emigración da Deputación de Ourense falou sobre a presenza galega en Catalunya, en Barcelona e en Latinoamérica, así como todo o feito polos emigrantes na súa terra de orixe, así mesmo respondeu as preguntas dos asistentes sobre a Ribeira Sacra, os cales mostraronse moi interesados nesa zona de Galicia.