A Irmandade Galega de Rubí celebrou a Festa das Letras Galegas

A Irmandade Galega de Rubí, que preside Silvia Castañeda, celebrou ao longo do pasado fin de semana a 32ª edición da Festa das Letras Galegas. O festexo tivo lugar, novamente, na Rambla do Ferrocarril, onde os ‘rubinencs’,  xunto cos visitantes de fóra da cidade, gozaron da gastronomía, música e danza típica de Galicia, así como doutras comunidades autónomas.

A Irmandade Galega de Rubí celebrou a Festa das Letras Galegas
Uno de los grupos que participó en la celebración.

A Irmandade Galega de Rubí, que preside Silvia Castañeda, celebrou ao longo do pasado fin de semana a 32ª edición da Festa das Letras Galegas. O festexo tivo lugar, novamente, na Rambla do Ferrocarril, onde os ‘rubinencs’,  xunto cos visitantes de fóra da cidade, gozaron da gastronomía, música e danza típica de Galicia, así como doutras comunidades autónomas.

Desde o venres ata o domingo, a céntrica rúa, así como a cidade de Rubí, vestiuse de galega. A Irmandade Galega apoderouse das súas rúas, e fixo as delicias dos asistentes ao longo de todo o fin de semana. Un ano máis, a Festa das Letras Galegas encheu a cidade de tradicións, música e cultura galegas. Concertos, comidas, danzas, queimadas, pasacalles conseguiron que máis de dous milleiros de ‘rubinencs’ acudisen ao encontro. A presidenta da Irmandade Galega, Silvia Castañeda, unha veterana na organización desta celebración, destacou que “estamos moi contentos. É o terceiro ano que o facemos aquí no corazón da cidade esta festa e a xente responde coa súa asistencia ás principais actuacións”.

A festa empezou o venres cun servizo de gastronomía que, como sempre, ofreceu polbo, orella de porco e pementos do Padrón, xunto cos viños galegos. E pola noite, actuación da orquestra Mediterráneo.

O sábado foi o día máis denso de actividades. Durante a mañá celebrouse un pasacalle que se iniciou na sede da Irmandade Galega, pasou polo Concello, e finalizou na Rambla, onde se celebraron a maioría dos actos; e pola tarde os asistentes gozaron grazas ás actuacións de música e danza galega a cargo de grupos como o da propia Irmandade, Rosalía de Castro de Cornella, Airiños da Nosa Galiza Galiza de Santa Coloma, entre outros espectáculos programados, ademais da verbena a cargo da orquestra galega Costa Dorada, tanto o sábado como o domingo.

Silvia Castañeda mostrouse moi satisfeita coas actuacións musicais desta 32ª edición da Festa das Letras Galegas en Rubí e afirmou que tanto coas orquestras como cos diferentes actos disfrutou numeroso público.