promove
Galicia
O galego é obxecto de estudo en 36 universidades nacionais e internacionais

A Xunta promove o estudo do galego en Alemaña, Portugal, Cataluña, Castela e León e Madrid

Redacción, Santiago -

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade renovou a súa colaboración con universidades de distintas partes do mundo para promocionar a lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico tanto en varias comunidades españolas como en países como Alemaña e Portugal, cun investimento superior aos 200.000 euros. En concreto, o Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dos convenios coas universidades de Salamanca, a Autónoma de Barcelona, a Complutense de Madrid así como coa Universidade do Minho. Tamén se aprobou o incremento do apoio á Universität Heidelbeg de Alemaña para a docencia do galego no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Viena.

Hemeroteca