presenza
Galicia
O escritor e académico presentou o seu último traballo sobre a emigración

Un libro para “enriquecer” a mirada sobre a presenza de Galicia en América

Neira Vilas asina un exemplar do seu último libro en presenza de Román Rodríguez, o pasado mes de xullo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quixo acompañar o escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación do seu novo libro ‘Semente galega en América’, un catálogo de galegos e galegas aos que o crucense máis universal homenaxea por deixaren a súa semente creadora e innovadora nas terras de alén do Atlántico. Ao longo das súas páxinas, o autor destaca neste libro, editado por Bolanda, a débeda de América con Galicia como terra de promisión de forza, de saber e de xenio creador da emigración galega.

Hemeroteca