hornos

A Montevideo no ‘Cabo de Hornos’

Manuel Suárez Suárez -

En novembro de 1958 eu tiña cinco anos. O lugar máis afastado da miña aldea (Santa Baia de Tines-Concello de Vimianzo) no que estivera, foi en Santiago de Compostela cando, o 21 de xullo, ingresei de urxencia no Sanatorio Baltar para sandar das feridas dos dentes e poutas do lobo ou loba que deixou a pegada de 33 cicatrices no meu corpo infantil. Disque son moi afortunado xa que vou camiño de Montevideo nun barco chamado ‘Cabo de Hornos’. O meu pensamento estaba no desexo de atoparme con meu pai (Xesús Suárez García) que agardaba no outro lado do mar.

 

Hemeroteca