O SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIóN ASISTIU EN HOSPITALET O PRIMEIRO ACTO DE PRESENTACIóN DO FILME

A caravana da película galega ‘Vilamor’ chegou a Cataluña

A película de Ignacio Vidal ‘Vilamor’ aterrou na Casa Galega de Hospitalet (Barcelona) acompañada dos actores protagonistas, Rubén Riós, Xoél Yáñez y Sabela Arán, e o seu director Ignacio Vidal, onde foi presentada o pasado venres, 10 de maio, pola tarde.

A caravana da película galega ‘Vilamor’ chegou a Cataluña
El secretario xeral de Emigración, Rodríguez Miranda, -7º por la izda.-, con el elenco de la película y autoridades de las instituciones gallegas.

A película de Ignacio Vidal ‘Vilamor’ aterrou na Casa Galega de Hospitalet (Barcelona) acompañada dos actores protagonistas, Rubén Riós, Xoél Yáñez y Sabela Arán, e o seu director Ignacio Vidal, onde foi presentada o pasado venres, 10 de maio, pola tarde. Foi o primeiro dunha serie de actos de presentación en diferentes lugares de Cataluña -entre os que destacan as entidades galegas ‘Agarimos’ de Badalona, Centro Galego e A.C.G.Saudade de Barcelonaco- gallo das Letras Galegas 2013, organizados a iniciativa de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, a través do seu delegado de Xuventude, Álvaro Prieto, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

O acto estivo arroupado por numerosos socios e amigos das tres entidades que promocionan o desembarco de ‘Caravana Vilamor’ en Cataluña, os seus presidentes, Alfonso Rico, da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornella; Juan Prieto, de Agarimos de Badalona; e Manuel Prados, da Casa Galega de Hospitalet; así como polo presidente de Xuntanza, Xosé Carlos García; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o tenente de alcalde e delegado de Cultura do Concello de Hospitalet, así como dos actores protagonistas da película. Estes, nun acto moi didáctico, explicaron aos presentes as veleidades deste proxecto cinematográfico galego, que se estreará para o gran público en Cataluña o próximo día das Letras Galegas, 17 de maio, nos cines Filmax de Hospitalet, en versión orixinal, galego, e subtitulada en catalán, e durante esta semana se levaran a cabo actos de presentación na maioría de colexios da cidade.

‘Vilamor’, realizada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística y Secretaría Xeral de Cultura, relata unha historia de amor nunha das primeiras comunas hippies da Europa dos anos setenta. Está basada en feitos reais acontecidos na década dos anos 70 na montaña de Lugo; onde, fiel reflexo dos cambios políticos e sociais dunha etapa histórica controvertida en España, na que se instaura unha comuna como modelo alternativo a voráxine de acontecementos que moven a sociedade cara ao cambio.

A localización da película situase nun dos paraxes máis fermosos da Galicia rural onde se asenta a comuna, que aínda hoxe existe. Un excepcional marco de “natureza virxe, agrestes montañas e paisaxes de ensoño únicos no mundo e selo identificativo da Galicia natural” situado nas montañas dos Ancares á beira do Río Navia.