ACADOU O PRIMEIRO PREMIO ENTRE AS PUBLICACIÓNS DAS ENTIDADES NO EXTERIOR
‘Lúa Nova’ , a revista de ‘Rosalía de Castro’ de Cornellá, premiada por Emigración
A revista ‘Lúa Nova’, que edita a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e que dirixe Antonio Díaz, acaba de ser premiada pola Xunta de Galicia, segundo o fallo da Secretaría Xeral de Emigración 2008. Con estes premios, o Goberno galego recoñece aqueles traballos que, desde diversos ámbitos culturais, contribúen a mellora-lo coñecemento do fenómeno migratorio galego.
A revista ‘Lúa Nova’, que edita a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e que dirixe Antonio Díaz, acaba de ser premiada pola Xunta de Galicia, segundo o fallo da Secretaría Xeral de Emigración 2008. Con estes premios, o Goberno galego recoñece aqueles traballos que, desde diversos ámbitos culturais, contribúen a mellora-lo coñecemento do fenómeno migratorio galego. No apartado á ‘mellor Revista’ editada polas entidades galegas no exterior, ‘Lúa Nova’ acadou o primeiro premio, segundo resolución do 19 de decembro.
‘Lúa Nova’ comezou a editarse no ano 1987 baixo a dirección de Antonio Díaz, dentro dun programa de dinamización de actividades culturais galegas encetadas pola A.C.G. Rosalía de Castro, que naquel entón presidía Henrique Fernández Sánchez e nas que se enmarcan, ademais da revista, o Certame Literario, que este ano acadou a súa 22ª edición, e o programa de radio en galego ‘Sempre en Galiza’, hoxe dirixido por Xulio Couxil, e que se leva emitindo ininterrompidamente desde o ano 1986 en Radio Cornellá: ano 1986 en Radio Cornellá: http://semprengalicia.blogspot.com/.
Nos seus 22 anos de vida, ‘Lúa Nova’ leva 50 edicións, mais 10 especiais Can Mercader, un anuario no que se publicitan as actividades máis sobranceiras da entidade, coincidindo coa Festa Galega de Can Mercader, polo Corpus Festa Maior de Cornellá, en honra ao monolito que nesta cidade se lle dedicou a musa das Letras Galegas Rosalía de Castro, no ano 1990.
Son xa máis de catro lustros de ‘Lúa Nova’, órgano de información, boletín cultural que recolleu nestes anos a historia da entidade, tamén a da comunidade galega de Cataluña e da que está fóra de Galicia, ao tempo que nas súas páxinas podese seguir o percorrido social, cultural e político que a nosa terra, Galicia, fixo ao longo desta etapa histórica para todos nós, unha etapa na que a lingua galega e a cultura en xeral volveron a ser protagonistas non só no país, senón de xeito fundamental na emigración.
Moitas das publicacións irmás, revistas ou boletíns de entidades culturais e asociativas galegas na emigración son de carácter anual, e todas elas saben da importancia de cumprir coa cita anual, e tamén os seus responsables saben do complicado que é darlle vida cada ano a estas publicacións. Neste senso, ‘Lúa Nova’ tamén foi especial porque naceu con carácter trimestral, e se facemos por riba as contas comprobamos que deberían ser 80 números os publicados, diferencia esta que ben indica o complicado que foi para os equipos que a puxeron en marcha en cada ocasión, aínda que este 50º debe ser considerado como un éxito e como un impulso cara ao futuro, tendo en conta que nestes últimos dez anos publicouse un especial anual de Can Mercader, o que converteu a periodicidade da ‘Lúa Nova’ habitual a dous por ano, máis o especial de Can Mercader.
Os primeiros 32 números (os primeiros 8 anos) de ‘Lúa Nova’, os anos máis difíciles, os anos nos que botar adiante este proxecto tiña moitos máis atrancos que hoxe, foi dirixida por Antonio Díaz, ademais de que cada número da revista era esperado con especial entusiasmo por todos porque nin había moitas publicacións destas características nin era sinxelo atopar publicacións en lingua galega nuns anos onde aínda había que xustificarse por ter e falar un idioma que algúns consideraban inferior.
A renovación de ‘Lúa Nova’ veu da man dun novo director en 1995, un mozo daquela con moitas ideas, con moita capacidade e con moita responsabilidade, Emilio Luís López Arias, quen mudou o estilo, as roupas e a cara das revistas sen mudar os principios fundacionais e os piares básicos que a sustentaban. Trala dirección única de Emilio L. López ata o ano 2000, a xunta directiva decidiu impulsar este proxecto coa entrada na dirección de Xosé Carlos G. González, compartindo a dirección con Emilio Luís, un tándem que tamén traballaba no programa de radio, ‘Sempre en Galiza’, incorporando á publicación moitas das interesantísimas cousas que acontecían nas ondas de ‘Radio Cornellà’. O máis importante desta etapa, segundo Xosé Carlos, “foi que Antonio Díaz, o histórico responsable da publicación, sempre estivo vinculado á revista, colaborando, aportando experiencia e coñecementos, tendo en conta que o director cultural e o director técnico eramos mozos ilusionados e comprometidos mais inexpertos, en comparación co noso mestre e predecesor Antonio Díaz, quen en 2005 volta a facerse cargo da dirección da revista”.