Opinión

Dona Diáspora nas beiras do Chamangá

Manuel Suárez Suárez | 19 de mayo de 2014

Hai anos que dona Diáspora desexa achegarse polas beiras do río Chamangá aló no norte no departamento uruguaio de Flores. Quere gozar duns saborosos mates na compaña da súa amiga a Tía Mangá. Por sorte, ten un oco na súa ateigada axenda emigrante e vai pasar un par de días no lugar de nacemento dunha muller única que leva desde o ano 500 axudando aos poboadores deste verde anaco da Banda Oriental.
Tía Mangá: Bueno, che, al final me das una alegría. Mirá que te hacés rogar. No entiendo que no tengas tiempo de venir si estás jubilada y además tenés tarifa plana en todas las líneas aéreas del mundo. Te agradezco que parés un cachito a tomarte unos mates conmigo porque tengo mucho que contarte. Creo necesitás un poco de descanso. Acá podés relajarte escuchando la música acuática del Chamangá y viendo el ir y venir de los laburadores horneros.
Diáspora: Ti sabes, boa amiga, que foime imposible vir antes. É certo que estou retirada pero non son libre. Son a depositaria emocional dos recordos dos meus veciños que saíron polo mundo adiante e non deixar de moverme para que a memoria manteña o seu arquivo sempre fresco. Os sentimentos non poden gardarse en ningún disco duro. Entón, teño que seguir no rego do esforzo identitario para que non se perda o fío espiritual os avós e os netos.
Tía Mangá: La verdad mi amiga que vos sos de un material especial. Pudiendo estar en la playita, tranquila, andás por el mundo rompiéndote el bocho sin beneficio ninguno. Yo, en tu lugar, estaría morfando unos ricos marisquitos en el cabo Fisterra escuchando las sabias reflexiones del poeta marinero Alexandre Nerium sobre el carácter de los heroicos domadores de olas. Es bien cierto que vos Diáspora sos la confirmación de que la mujer gayega mantuvo unida en hermandad una etnia que se repartió por los caminos del mundo.
Diáspora: Non son nadiña especial. A miña saúde non é boa e férveme o sangue diante da inxustiza de ver que os meus irmáns van buscar fóra onde traballar cando vexo que no noso paraíso atlántico hai árbores, auga e penedos que enchen de ledicia aos milleiros de turistas que nos visitan. Ti, en cambio, es un tesouro moi valioso polo teu valente patriotismo. Nunca quixeches viaxar a pesar de que fóra serías millonaria coas ganancias dos dereitos das túas fórmulas secretas de curación e sanación. Hoxe que está de moda o naturismo e as herbas, terías ducias de grandes empresarios detrás túa para mercarche os teus coñecementos.
Tía Mangá: No te quejés, los gayegos triunfaron fuera. Se avivaron rápido y para no olvidar reconstruyeron su aldea en el barrio en el que se instalaron. Son gente noble que se mueve por ideales aunque algunos opinen que solamente quieren ganar guita. Te pongo el ejemplo de mi amigo Farruco al que visitaba una vez por mes en sus pagos del Durazno para llevarle una bolsa de yuyos para aliviar los males de los aparceros de su concurrida pulpería. Alguna vez coincidí allí con don José antes de que ingresase en el Regimiento de Blandengues. El bueno de Farruco invirtió todos los cobres que ganó en equipar un grupo militar que fue a defender Montevideo de los invasores ingleses. Los yuyos que le llevaba los regalaba a los gauchos; decía que las medicinas tienen que ser gratuitas.
Diáspora: Non é unha queixa. Poida que seixa a quentura pola impotencia de ter que soportar a exportación de seres humanos dunha comunidade autónoma que é moi rica en patrimonio cultural e natural. Non me conformo co éxito dos nosos fóra de Galicia porque non é que corresponde. Os galegos non nacemos dunha maleta e lonxe perdemos sempre aínda que fagamos fortuna. Sinto envexa dos que coma ti, botaron raíces no seu espazo propio e non sentiron a morriña das paisaxes da infancia. Que somos boa xente, é certo pero bastante pasmóns por non ser quen de erguer un fogar de progreso en harmonía para non ter que andar afastados camiños que non levan a ningures.
Tía Mangá: ¡Vos hablás mucho! Sos muy piola conmigo pero te olvidás de que seré muy patriota –no lo niego– pero flor de ignorante también porque no conozco el mar. Por eso te decía lo de los marisquitos. El mar que conozco es el de los poetas, seguramente más lindo que el real. Hace años que un muchacho montevideano, Armando Ramos Olveira, se ofreció para llevarme a Cabo Polonio. Le puse excusas. No quiero desilusionarme al ver que el azul del agua no es el que imagino. Me muero si veo que hay manchas de combustible en la playa de Piriápolis o en la de La Paloma; algo que me comentaron sucede con frecuencia por el tráfico de buques petroleros. ¿Me entendés lo que te quiero decir?
Diáspora: Agora vai resultar que unhas pingas de petróleo son máis fortes que ti que levas máis dun século sen coller un arrefriado. Non sei eu pero poida que non queiras ver o mar xa que a túa nova plantación de marihuana necesita dos teus coidados de garimosa menciñeira. Entendo que queiras quedar ben co panteísta presidente Mujica. Penso que unha fin de semana nas rochas de Rocha non afectarán o crecemento da plantación. Eu apoio o novidoso proxecto de cultivo baixo control estatal que irá abrindo as mentes de moitos gobernantes que hoxe están pechados ao indiscutible beneficio de rematar coas ganancias millonarias dos traficantes.
Tía Mangá: En serio, te digo que no me quedo por miedo a que la plantación se atrase. Tengo experiencia con la marihuana a la que respeto mucho por sus cualidades anti-tensión. Le vengo dando media docena de plantitas a todos los que me consultan con crisis de ansiedad. Es una eficaz terapia. El tener que plantarlas y cuidarlas los hace responsables. Mi receta es de un puchito por semana después de terminar la semana laboral. Se puede elegir el sábado por la noche o el domingo en el Centenario viendo como mi glorioso Peñarol caga a goles a “los otros”. No me acerco al mar por no sufrir un desengaño; a mis siglos no me conviene el lagrimear desconsoladamente.
Diáspora: De acordo miña amiga, non quero teñas ningunha perda de saúde. Teñome que despedir. Xa sei que estiven pouco tempo e que non puideches ensinarme todas as pinturas rupestres deste sitio arqueolóxico cheo de riqueza cultural. Quedei en Bos Aires coa presidenta Fernández –recíbeme o 17 de maio– para falar do interesante proxecto chamado ‘Pampa Azul’ que poñerá en valor os recursos mariños da República Arxentina. Agradezo que me chame e aproveitando que é o Día das Letras Galegas, fareille a lembranza de que o Centro Galego de Bos Aires non pode desaparecer e que necesita un aniño máis de axuda estatal. O certo é que volverei axiña. Estou convidada polo ‘gayego’ Vázquez para celebrar o seu triunfo nas vindeiras eleccións presidenciais do mes de novembro. Coñecino cando era intendente municipal de Montevideo e foi unha alegría escoitarlle manifestar o seu orgulloso pola herdanza de sangue compostelán e ourensán.
Tía Mangá: Siento que te vayas tan pronto. Me quedaron varias cosas en el tintero. Una son los gratos recuerdos de cuando venía a visitarme un botija de acá al lado –le llamaban ‘Bebe’– que de mayor se hizo famoso por querer cambiar la política corrupta de los dos partidos tradicionales del Uruguay. Cuando vuelvas te lo explico en detalle. Si te acordás, saludá a Cristina de mi parte y si te animás le podés comentar que en Argentina se debería de empezar a debatir sobre la reglamentación del consumo y cultivo de marihuana. Que tengas un buen viaje y no te olvidés de que acá tenés siempre un matecito solidario esperando por vos.

Más acciones:

Crónicas de la Emigración en la red

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca