Manuel Suárez Suárez

Manuel Suárez Suárez



O 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense

28 mayo 2009
Hai uns anos que o director dos medios informativos da Asemblea Celestial, Luís Seoane, propuxo que cada 17 de maio se convide ao homenaxeado ou homenaxeada. Os que acepten non virán para recibir ningún aplauso senón para que poidan desculparse polos erros cometidos. Di Seoane que neste clube de xubilados riopratenses coñecémonos ben todos e non hai lugar para ambicións nin envexas.

Seguir leyendo »

Chegou o momento da Unidade nos centros galegos da emigración

17 abril 2009
Se queremos que os nosos herdeiros en América e en Europa manteñan a súa identidade haberá que deixar que sexan eles os que dirixan as asociacións creadas durante os pasados séculos XIX e XX. Os emigrantes que ían para as terras americanas e europeas sentiron axiña a necesidade de fundar institucións nas que acubillarse.

Seguir leyendo »

Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás

26 marzo 2009
Quen pode afirmar que os que residen no exterior só teñen por vínculo co país o dereito a votar?Manuel RivasPoida que nesta lexislatura teñamos funcionando o Museo da Emigración Galega ou o Espazo Emigrante ou o Centro de Interpretación da Diáspora Galega. O nome non é o importante nin tampouco o lugar onde se estableza.

Seguir leyendo »

Unha primeira análise das eleccións na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega

06 marzo 2009
Nas Actas do Ceo recóllese o último debate sobre as eleccións autonómicas galegas do pasado primeiro de marzo. Considerando o seu interese foi trasmitido en directo pola emisora oficial San Pedro News que emite sen censura previa desque nomearon a Luís Seoane coma o seu máximo responsable. Están programados máis debates porque sobe moito a audiencia cando se fala de emigración e do voto exterior.

Seguir leyendo »

Seguen os debates na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega

12 febrero 2009
Logo do éxito do primeiro debate –trasmitido pola emisora oficial San Pedro News– hoxe mesmo pola mañá tivo lugar unha segunda sesión que se recolle nas Actas do Ceo. Nesta quenda foron convidados polo presidente dous representantes da emigración galega en Bos Aires. O patriarca do Amenal considerou que sendo a capital arxentina o lugar do mundo de maior presencia galega hai que escoitar a súa voz sobre o voto exterior.

Seguir leyendo »

O voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata

22 enero 2009
Debate entre Marcelino Martínez Gómez y Luís Andrade Castro Contan os que saben que na última Asemblea Celestial estívose falando do voto exterior nunha sesión monográfica presidida por don Xesús Canabal Fuentes. Aló enriba están moi preocupados pola imaxe de Galicia. Comproban que cada ano está máis estragada por mor da ausencia do voto en urna na diáspora.

Seguir leyendo »

En Piriápolis lembrando a auga de Laxe

22 diciembre 2008
Para Maximiliano, o neto arquitecto de don Manuel Meilán, que constrúe futuro ao abeiro do cerro de San Antonio.O meu primeiro bañador foi montevideano e tamén o primeiro baño no mar. Antes só mollara os pés despois de correr polo areal de Laxe [A Coruña].

Seguir leyendo »

Un patriótico adeus para dona Dionisia de Cedeira

09 diciembre 2008
“Se sonríe, da alegría. No quiere ni quiso nunca protagonismos, no se mueve por intereses. Se considera una enferma de la guerra. Es lúcida, analiza la situación política y social actual con claridad intelectual”.

Seguir leyendo »

Sempre en Montevideo (1958-2008) Na esquina de Propios e Carabelas

17 noviembre 2008
Os meus pais falan de instalarse pola conta. A miña nai insistía en que na ‘Casa Ponti’ os salarios eran baixos. O meu pai fora ascendido a capataz de sección pero ela sostiña que aínda así gañaba menos que un condutor de CUTCSA. O meu pai retrucaba afirmando que traballaba menos horas e sen ter que facer quendas.

Seguir leyendo »

Sempre en Montevideo (1958-2008) Na esquina de Pantaleón Artigas e Ipiranga

07 noviembre 2008
Unha daquelas mans era a de meu pai. O fillo máis novo da casa do Rei de Tines era ferreiro pero o choio escaseaba pola Terra de Soneira e non era doado gañar unha pesetiña. Se estaba en América era por mor de Ramón de Alberte que lle escribira dicindo que viñese axiña. Na capital uruguaia os ferreiros comían carne de vaca todos os días que quixesen con só oito horas de laburo.

Seguir leyendo »

Fagamos que o 2009 sexa o ano da emigración galega

07 octubre 2008
Quizais sexa a miña formación en terras uruguaias o que me afirma nas miñas louvanzas para Francia, un país do que todos herdamos algo despois daquel histórico mes de xullo de 1789. Se dicimos que a historia da emigración é longa non podemos dicir o mesmo da vida en democracia. Os gobernos que se suceden en Madrid e nas diferentes comunidades autónomas seguen abaneando sen establecer unha política social para a diáspora.

Seguir leyendo »

Unha reflexión sobre a Delegación da Xunta en Montevideo

16 septiembre 2008
Hai máis de vinte anos que participei coma secretario do Patronato da Cultura Galega de Montevideo no nacemento da Unión de Sociedades Galegas nas terras uruguaias. Se lembro aquelas reunións é para avisar sobre que a futura Delegación da Xunta de Galicia no Uruguai deberá ter na axenda ben suliñada en cor vermellada a prioridade de que as entidades de emigrantes acorden unhas bases para o establecemento dunha unidade real.

Seguir leyendo »

O valente voto de tres eurodeputados cataláns

12 agosto 2008
Coincido con Gaspar Llamazares (El País, 30/07/2008) en que “la Directiva de Retorno, también denominada acertadamente Directiva de la vergüenza, convierte la Europa de los valores en la Europa del miedo y esto en un continente que hasta mediados del siglo pasado lo fue de emigrantes, con decenas de millones de europeos que marcharon a las dos Américas huyendo del hambre, la guerra y el fascismo” e cústame aceptar que se estea atentando contra do

Seguir leyendo »

Aquel ferreiro de Tines en Montevideo

28 julio 2008
Aos tres días de chegar foi traballar no seu oficio de ferreiro. Era o mes de febreiro de 1955. O sol quentaba con forza no peirao montevideano. O meu pai, Xesús Suárez García, desembarcou do ‘Castel Bianco’ para recibir unha forte apreta de Ramón de Alberte. O seu amigo de Castromil viñera un ano antes cando pecharon o obradoiro que tiñan en sociedade en Torelo, na parroquia de Salto, en Vimianzo.

Seguir leyendo »

Era moi democrático aquel capador

11 julio 2008
A Dorinda Labrador e a Osmundo Sánchez [In Memoriam] pola súa defensa da identidade bergantiñá.Non sei se foi así realmente. Cando se teñen poucos anos vemos aos maiores máis altos e intelixentes do que son. Nin que dicir cando un neno emigrante escoita as épicas historias dun home que ía polas aldeas coa súa capadoira na man. Miraba cara el con admiración.

Seguir leyendo »

Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas

27 junio 2008
O sábado 21 de xuño o meu amigo Manuel Rivas escribe no seu ético espazo semanal sobre o que chama a “amnesia retrógrada” da Unión Europea e o seu inxusto discurso contra da inmigración. O 18 de xuño o Europarlamento aprobou unha directiva do Retorno que se calamos a boca marcará o futuro das nosas vidas e acabará cos principios democráticos de convivencia que nos definen e polos cales houbo moito que loitar.

Seguir leyendo »

Don Bieito Cupeiro Vázquez, un exemplo de ética galeguista

20 junio 2008
Aínda que pouco falei con don Bieito Cupeiro Vázquez podo dicir que o mestre de Barallobre [Fene-A Coruña] engaiolaba co seu discurso de galeguista honrado e comprometido. Quen o escoitaba entendía axiña o significado da identidade galega. Aquelas mozas e mozos que en 1979 asistiron aos seus cursos de Cultura Galega quedaron para sempre integrados en harmonía na verde nai Galicia.

Seguir leyendo »

Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante

06 junio 2008
A recente proposta para a reforma da lei electoral enviada a Madrid foi acordada polos tres grupos da cámara autonómica. Comeza un novo camiño diante dos problemas da emigración. O feito é histórico xa que os parlamentarios deixaron fóra da axenda electoral aos emigrantes. A nosa diáspora está sendo considerada un “tema de nación” que terá o respecto que merece sexa quen sexa o que goberne.

Seguir leyendo »

Xosé María Álvarez Blázquez e Montevideo

19 mayo 2008
Aínda que Xosé María Álvarez Blázquez non visitou Montevideo cando viaxou en 1969 ao Río da Prata invitado polo Centro Galego de Bos Aires o certo é que o seu labor editorial foi coñecido e recoñecido na capital uruguaia.

Seguir leyendo »

Unha lectura moi recomendable: ‘Historia de la inmigración en la Argentina’

21 abril 2008
O historiador arxentino Fernando J. Devoto publicou no ano 2003 o moi bo libro Historia de la inmigración en la Argentina (Editorial Sudamericana) que merquei nese mesmo ano nunha libraría da avenida Florida. No hotel pola noite botéille unha ollada ao índice e logo no avión lin ata a páxina 139 na que se reproduce un mapa de A. Vázquez González sobre os destinos declarados polos emigrantes do concello pontevedrés de Gondomar.

Seguir leyendo »

Crónicas de la Emigración en la red

Álbumes de Fotos

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca