Manuel Suárez Suárez

Manuel Suárez Suárez



O futuro do Centro Galego de Bos Aires

20 enero 2011
Dona Diáspora sabe que malia todos os contratempos o heroico Centro Galego de Bos Aires sairá adiante. Non esquece que temos unha gran débeda cos nosos irmáns na Arxentina. Unha débeda que non se arranxa coas subvencións autonómicas ou estatais. Aínda que agora axudemos cun millón de euros anuais non facemos nada que se poida considerar como extraordinario.

Seguir leyendo »

Un agasallo dos galegos das mil singraduras

10 enero 2011
Dona Diáspora comezou o novo ano polas rúas de Avellaneda. Quixo aproveitar a mañá na capital arxentina antes de que as fortes temperaturas lle abafen o seu paseo pola avenida Mitre ata a sede social de ‘Independiente’ que naceu xustamente neste primeiro día de xaneiro de 1906. Os famosos vermellos naceron ao mesmo tempo que ao seu redor se ían abeirando centos de ilusións galegas.

Seguir leyendo »

Unhas garimosas apertas de dona Diáspora

23 diciembre 2010
Aínda que os anos van facéndose notar no corpo de dona Diáspora non hai que preocuparse porque o seu espírito está incólume e por tanto moi forte. Segue en pé o seu compromiso de loitar para que remate a emigración. Non pode acollerse a ningunha xubilación ou plan de pensión porque hai moito traballo por diante.

Seguir leyendo »

Con Jorge Prelorán en Hollywood

26 noviembre 2010
Dona Diáspora estivo o domingo 21 no Egyptian Theatre na estrea de ‘Huellas y Memoria de Jorge Prelorán’ para felicitar persoalmente a Mabel, Fermín e Emiliano. O pioneiro do cine etnográfico na Arxentina estivo moi preto da colectividade galega nos tempos da realización do seu documental ‘Castelao’ antes de ir buscar abeiro en California. Non esquece aquelas longas conversas na ‘Perla’ de Álvaro Campos.

Seguir leyendo »

Apertas solidarias para Rosario Olveira en Montevideo

11 noviembre 2010
Dona Diáspora está nas beiras atlánticas do sur. Foi convidada polo seu amigo Emiliano Penelas Danussi para a asistir á proxección da curtametraxe ‘Tres minutos de mar’ en Mar del Plata. O seu neto arxentino é un talentoso creador cinematográfico que ademais defende con paixón que o Río da Prata une en irmandade ás culturas arxentina e uruguaia.

Seguir leyendo »

Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal

08 noviembre 2010
Dona Diáspora estivo en dous funerais no Río da Prata. Tiña todo preparado para achegarse ata Montevideo cando recibe a nova do falecemento do ex presidente arxentino Kirchner. Así foi que lle pediu a Graciela Pereira que a acompañase ata a praza de Maio. A nosa neta ía repetindo que o golpe recibido ten que servir para fortalecer a unidade por enriba de calquera liña política.

Seguir leyendo »

Galicia fíxose na diáspora

21 octubre 2010
Dona Diáspora aplaudiu con forza as palabras do xeneroso cabaleiro don Manuel Rivas na presentación da súa novela ‘Todo é silencio’ na compostelá praza de Cervantes. Que o escritor sexa un referente na literatura mundial non lle fai esquecer que neste noso curruncho atlántico erguéronse máis de 300 escolas coas achegas que viñeron da Arxentina, Cuba e Uruguai.

Seguir leyendo »

Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas

08 octubre 2010
Dona Diáspora non pode atender aos moitos convites que recibe. Aínda que o seu desexo é de asistir aos actos culturais que lembren aos emigrantes que fixeron patria fóra, ten que desculparse porque a verdade é que non dá feito. Son ducias de celebracións conmemorativas que fortalecen o espírito ao comprobar que os nosos herdeiros non esquecen o esforzo realizado polos xenerosos albaneis no exterior.

Seguir leyendo »

Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño

04 octubre 2010
Dona Diáspora está a pensar nunha coincidencia de datas pois o mesmo día en que na capital uruguaia o gran Eduardo Galeano cumpría 10 anos nacía unha audición radial enteiramente feita na lingua propia chamada ‘Sempre en Galicia’.

Seguir leyendo »

Agardando polo Espazo Emigrante

10 septiembre 2010
A nosa vella dona Diáspora está convencida de que despois de séculos de emigración galega estamos aínda pouco concienciados da súa importancia. O compostelán monte Gaiás está agardando acoller no seu seo ao Espazo Emigrante.

Seguir leyendo »

Unha homenaxe aos emigrantes: “Galicia en Uruguay”

06 septiembre 2010
Hai uns días que dona Diáspora recibiu unha invitación de Emiliano Penelas para un acto no Salón Dourado da Lexislatura de Bos Aires. O convite era para asistir ao acto de nomeamento do egrexio cineasta Xosé Martínez Suárez coma “Personalidad Destacada de la Cultura de la Ciudad de Buenos Aires”.

Seguir leyendo »

Un milleiro de parabéns para o irmán Cordeiro Monteagudo

23 agosto 2010
Aínda que a nosa dona Diáspora non ten a vista que tiña distingue perfectamente ao lonxe se o que se achega é un avión o unha gaivota. Anda moi alporizada porque agora resulta que os controladores aéreos, meus pobriños, traballan moitas horas. Os  emigrantes galegos que percorreron o mundo na busca dun traballiño cren que haberá que recordarlles que non están cobrando dunha empresa privada senón dos nosos impostos.

Seguir leyendo »

As alegrías e as penas de dona Diáspora

09 agosto 2010
No verán é cando dona Diáspora se sinte mellor xa que pode compartir cos emigrantes unha saborosa empanada debaixo do carballo parroquial. As aldeas reciben con festa rachada aos seus fillos e netos que están lonxe pero hai sempre que poñer un parentese xa que nós somos incapaces de gozar de tres días de sol seguidos sen desexar que axiña veña a chuvia.

Seguir leyendo »

O gran compositor betanceiro Carlos López García-Picos

26 julio 2010
Hai tempo que don Luís Seoane quere convocar a sesión de ingreso do egrexio compositor betanceiro Carlos López García-Picos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense pero foise adiando por razóns alleas ao seu interese particular en homenaxear a quen foi amigo seu en Bos Aires. Agora que rematou o Mundial de fútbol conta cun horario de máxima audiencia na Radio do Ceo.

Seguir leyendo »

Un tango para Rosalía de Castro

12 julio 2010
Dona Diáspora estivo polo barrio porteño de San Telmo. Quería estar na homenaxe ao seu bo amigo Antonio Pérez Prado [1926-2009] que promoveu a Federación de Sociedades Galegas cunha exposición onde se recolle a traxectoria vital deste egrexio fillo da emigración.

Seguir leyendo »

Forza Uruguai!

23 junio 2010
A nosa vella dona Diáspora está sendo contaxiada polos berros dos seareiros que comentan polos bares e tabernas as xogadas do equipo vermello. Aínda que por orixe as súas cores son as azuis e brancas da bandeira galega tamén leva no seu corazón outras dúas camisetas. Son as da Arxentina e do Uruguai.

Seguir leyendo »

Con Roxelio de Cesantes no ‘Derby’

16 junio 2010
Os meses do verán son para Dona Diáspora moi enriquecedores. Se por unha banda goza co seu labor de informadora turística pola outra sufre facendo de ‘Libro de Queixas’ dos milleiros de amigos do exterior que cada ano volven polas orixes. Son as dúas caras da Emigración Galega que esmorece afastada do manancial parroquial. A viaxe ás raíces é motivo de alegría porque non hai mellor sombra que a dos nosos rexos carballos.

Seguir leyendo »

Dona Diáspora nas beiras do Prata

04 junio 2010
Cando se trata de cumprir cun compromiso de identidade alí teremos sempre a voz e a man solidaria de dona Diáspora. Neste mes e logo de berrar en Santiago de Compostela o luns 17 foise voando ata a capital arxentina para celebrar o Bicentenario do país que acubillou no seu seo a máis de medio millón de emigrantes galegos.

Seguir leyendo »

Os grelos de Gladys

20 mayo 2010
Nestes días e logo da celebración en Bos Aires dunha xustificada protesta contra dos capadores do voto emigrante a nosa honrosa dona Diáspora está dándolle voltas ao tema da identidade galega. Sempre considerou que é galego aquel que o quere ser aínda que o lugar de nacemento estea afastado do berce de Rosalía de Castro.

Seguir leyendo »

Dona Diáspora dóese do golpe que recibiu

06 mayo 2010
A familia de dona Diáspora é moi ampla xa que as súas únicas fillas, América e Europa, teñen descendentes en todos os currunchos do mundo. A filla maior, América, naceu en 1870 e lévalle á pequena exactamente cen anos. As reunións familiares son anuais porque cada unha ten o seu traballo e unha intensa vida social.

Seguir leyendo »

Crónicas de la Emigración en la red

Álbumes de Fotos

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca