Os primeiros lugares de baile do tango
Arredor dos anos 1860-1870 nas capitais da Arxentina e do Uruguai comezou a xestación dunha danza (o tango) que hoxe é unha das súas máis recoñecidas marcas identitarias. Na proximidade dos postos militares que alí eran os “cuarteles de los milicos” había casas nas que se bailaban valses, mazurcas e chotis. Nos descansos da pequena orquestra, ten lugar a participación duns cantantes que chaman milongueros que veñen dos arrabaldos das cidades e cantan cancións improvisadas coas que manteñen vivo o patrimonio musical do mundo rural. Os asistentes o baile dicían que ían “a la milonga” a bailar coas “chinas” o que significaba a entrada do rural no mundo urbano xa que a milonga era o sinal de identidade dos troveiros do campo, os payadores.