Galicia homenaxea a María Victoria Moreno na celebración do Día das Letras Galegas 2018

O Día das Letras Galegas de este 2018  honra á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez, un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura comprometida coa lingua e coa cultura de noso. Ata o seu pasamento, a escritora estivo comprometida co ensino da lingua e da cultura galegas e cultivou a narrativa, o ensaio, a poesía, os estudos literarios e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Para espallar a súa obra e a súa figura levaranse a cabo en todo Galicia numerosos actos e actividades en homenaxe a esta escritora, a terceira á que se lle adica esta data tan especial, tras Rosalía de Castro en 1963, e Francisca Herrera Garrido, en 1987

Galicia homenaxea a María Victoria Moreno na celebración do Día das Letras Galegas 2018
10.maria victoria moreno
María Victoria Moreno, na súa casa.

O Día das Letras Galegas de este 2018  honra á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez, un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura comprometida coa lingua e coa cultura de noso. Ata o seu pasamento, a escritora estivo comprometida co ensino da lingua e da cultura galegas e cultivou a narrativa, o ensaio, a poesía, os estudos literarios e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Para espallar a súa obra e a súa figura levaranse a cabo en todo Galicia numerosos actos e actividades en homenaxe a esta escritora, a terceira á que se lle adica esta data tan especial, tras Rosalía de Castro en 1963, e Francisca Herrera Garrido, en 1987.

María Victoria Moreno naceu en Valencia de Alcántara, en Cáceres, no ano 1939, de pai militar e nai maestra. 

A súa historia de amor con Galicia comeza sendo ben nova, cando con oito anos vai a Ferrol a pasar unhas vacacións cunha tía materna. Nese momento namorase da Praia de Valdoviño e vive con ledicia o mundo rural galego. Tras estudar o bacharelato en Barcelona, marcha a Madrid para cursar a carreira de Filoloxía Románica, na Universidade Complutense. Nas súas aulas coñeceu a Xesús Llacer, un rapaz invidente que, posteriormente, convertiríase no seu home e a poría en contacto coa Fundación da ONCE, coa que comezou a colaborar e para a que traduciu diferentes textos. 

Tras rematar a carreira, casou e foi vivir a Pontevedra, onde o seu home foi destinado como profesor del Colegio Santiago Apóstol da ONCE e ela comezou a dar clases de latín e francés no Instituto Femenino da cidade mentras ía preparando as oposicións que aprobou en 1965.

O seu primer destino foi Lugo, onde coñeceu a Xesús Alonso Montero, que a introduciu na cultura e literatura galegas e a fixo consciente da problemática lingüística en Galicia. Neste momento, é cando afonda na aprendizaxe do galego e implícase coa cultura do país. 

Dos anos despois regresa a Pontevedra de novo ao Instituto Femenino, esta vez como profesora agregada. Neste momento, multiplicou a súa participación en cursos de galego, conferencias e xornadas a prol da lingua e da literatura galega. 

Esta dedicación físoxe todavía maior tras concursar nos xogos florais Minho-Galaicos, aos que presentou dos relatos, un en castelán, con que foi galardonada, e outro en galego, ‘A Gaiola’, o seu favorito.

Nestes tempos afianza o seu traballo como escritora. En 1972 participou no concurso de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho co relato ‘Crarisca e o luceiro’, unha historia que ao ano seguinte incorporaría o seu primer libro ‘Mar adiante’, una obra que tivo unha gran acollida. Neste mismo ano responsabilizouse da escolma e da edición da antoloxía bilingüe galego castelán ‘Os novísimos da poesía galega’.

A súa implicación coa causa galega levouna a impartir un curso no Ateneo de Ourense, unha entidade que contaba entre os seus dirixente con varios comunistas. Esto levou a que a lle fose retirado o pasaporte.

No eido persoal, 1973 supón tamén un fito importante na súa vida, xa que adoptou os seus fillos Begoña e Carlos. 

Coa chegada da democracia, María Victoria Moreno continou participando en actividades sociopolíticas e culturais galegas, mesmo chegou a presentarse como independiente nas listas do PSG o concello de Pontevedra.

Na década dos 80 fíxose amiga de Xavier Senín, que a animou a continuar coas actividades galeguistas e coa súa faceta de escritora.

En 1996 morre o seu home e a ela diagnostícanlle un cancro de mama, unha experiencia que convertiría no libro ‘Diario da luz e da sombra’ (2002) no que conta a sua experiencia de superación e trata de dar azos a outras mulleres que se atopen nesta mesma situación. 

Tras eses anos complicados, a ledicia e o amor voltan a vida de María Victoria que casa en 2003 co cubano Pedro Ferriol, primeiro nunha ceremonia na illa caribeña e logo en Galicia. 

Animada polo seu marido retomou o vello orixinal que fora finalista no Premio Café Gijón e deulle unha nova redacción baixo o título ‘Donde el aire no era brisa’ y lo presentó al X Premio de Novela Corta Manuel Díaz Lius, convocado polo concello salmantino de Monleón. Gañou o certamen e o seu texto publicouse en 2006 en castelán e en 2009 en galego, de xeito póstumo, xa que o pasamento de María Victoria foi en novembro de 2005.

Tamén de xeito póstumo foi recoñecida a súa poesía inédita no volumen ‘Elexías de luz’ (2006).

Ademais dos libros xa mencionados, a escritora a que este ano se lle adica o Día das Letras galegas escribiu ‘A festa no faiado’; ‘Leonardo e os fontaneiros’, que acadou o 3º lugar no Premio Barco de Vapor 1986; ‘Anagnórise’, que en 1990 estivo no lista de honra IBBY; ‘Un cachiño de bica?’; ‘E haberá tirón de orellas?’; ‘A bretema’; ‘Guedellas de seda e liño’; e ‘Eu conto, ti cantas’.