TRIBUNA ABIERTA MARÍA XOSÉ PORTEIRO

Francisco Lores, “un rebelde con causas, un irmán que estivo sempre preto”

Francisco Lores que naceu co arrecendo mariño, e está xa na súa compaña, probablemente cantando algún tango coa súa voz grave e ben entonada, ou palmeando un alalá. Compartirá anécdotas e lembranzas con todos eles e non temos por que pensar que isto sexa unha fantasía porque a derradeira vez que compartín tertulia con él, contoume a súa extraordinaria viaxe desde a mesa dun quirófano ata as portas do ceo: o seu tránsito pola luz, logo dun percorrido polo Grove, onde fora despedíndose das persoas queridas, e o susto que levou cando estaba a piques de entrar no máis alá e de súpeto abriu os ollos.

Francisco Lores, “un rebelde con causas, un irmán que estivo sempre preto”
Porteiro
María Xosé Porteiro.

Francisco Lores que naceu co arrecendo mariño, e está xa na súa compaña, probablemente cantando algún tango coa súa voz grave e ben entonada, ou palmeando un alalá. Compartirá anécdotas e lembranzas con todos eles e non temos por que pensar que isto sexa unha fantasía porque a derradeira vez que compartín tertulia con él, contoume a súa extraordinaria viaxe desde a mesa dun quirófano ata as portas do ceo: o seu tránsito pola luz, logo dun percorrido polo Grove, onde fora despedíndose das persoas queridas, e o susto que levou cando estaba a piques de entrar no máis alá e de súpeto abriu os ollos. Enfronte viu un anxo na cara da súa amada filla que tirou del ata volvelo a este mundo material. Estabamos sentados na terraza dun café, en Vigo, e, entre sorrisos cómplices, confirmei a miña impresión de ter coñecido a un espíritu inmorrente.

Hoxe teño o privilexio de dar traslado da primeira medalla que o Consello da Cultura outorga a título póstumo, a un rebelde con causas, a un irmán que estivo sempre preto sen lle importar as distancias. Medalla que recollen a súa filla e secretaria da Federación de Sociedades Galegas, Dona Lorena Lores Doural, e Don Diego Fernández Duro, Presidente actual da mesma, e que se lle concede “polo seu compromiso coa preservación do patrimonio galego en Arxentina e a memoria da emigración republicana no país”. Así, expresamos a vontade de coidar do seu legado e confirmamos a gratitude que na galeguidade toda lle debemos a quen na Galicia Austral, chamaron, afectuosamente, Comandante: Don Francisco Lores Mascato, galego universal: Presente!