A redor de medio millar de persoas participaron neste encontro de galegos

Rodríguez Miranda asistiu á popular Cea do Entroido dos galegos en Barcelona organizada por la asociación Saudade

Organizada pola A.C.G. Saudade que preside Ernesto Lagarón Vidal, a redor de medio millar de persoas asistiron o pasado sábado, 21 de febreiro, á popular Cea do Entroido, celebrada nun dos míticos hoteis de Barcelona, e á que asistiu o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, así como representantes do Goberno catalán, Deputación e Concello de Barcelona, entre outras institucións, así como os protagonistas do evento xunto co presidente de Saudade, Ernesto Lagarón.

Rodríguez Miranda asistiu á popular Cea do Entroido dos galegos en Barcelona organizada por la asociación Saudade
9.Miranda-Visita Rubí
Miranda, na súa visita á sede da entidade de Rubí.

Organizada pola A.C.G. Saudade que preside Ernesto Lagarón Vidal, a redor de medio millar de persoas asistiron o pasado sábado, 21 de febreiro, á popular Cea do Entroido, celebrada nun dos míticos hoteis de Barcelona, e á que asistiu o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, así como representantes do Goberno catalán, Deputación e Concello de Barcelona, entre outras institucións, así como os protagonistas do evento xunto co presidente de Saudade, Ernesto Lagarón. Tamén asistiron os alcaldes de A Fonsagrada (Lugo), Argelio Fernández Queipo, e de Navia de Suarna (Lugo), Xosé Fernández Fernández, concellos de onde procedían os produtos consumidos na tradicional celebración que a Agrupación Galega Saudade ven celebrando desde hai más de dúas décadas.

Un multitudinario encontro de galegos no que un ano máis, desde que Saudade instituíu o evento, os socios e amigos da entidade acudiron masivamente. Nesta convocatoria gastronómica se degustaron os manxares máis prezados do mar e a terra de Galicia para festexar como se merece o xuntoiro de don Entroido e dona Coáresma.

Un evento que ademais se aproveita para dar a coñecer en Cataluña as elaboracións artesanais dos produtos típicos destas datas en diferentes lugares de Galicia: botelo, chourizos, empanada, cachola, lacón, grelos etc., nesta edición elaborados polos artesáns dos concellos de A Fonsagrada e de Navia de Suarna (Lugo), despois dunha suculenta mariscada, xa que os produtos do mar galego tampouco poden faltar en calquera xuntanza gastronómica que se prece. Todos estes ingredientes, regados cos deliciosos viños galegos, fixeron que a velada que rematou cunha gran queimada galega e a tradicional romaría, fora do agrado dos asistentes, que ademais da degustación dos produtos, asistiron a unha perfecta posta en escena da Cea do Entroido, cunha espléndida organización que un ano máis converteu a este evento nun referente da gastronomía galega en Barcelona.

A celebración que a entidade organizadora lle dá o carácter de encontro de galegos, xa que a asistencia é aberta a tódolos galegos que queiran asistir, tan só limitados polo espazo, contou ademais dos socios e amigos de Saudade, con socios e directivos doutras entidades galegas en Cataluña. Ademais, a entidade organizadora aproveitou este evento para honrar aos seus socios que este ano cumpriron 25 anos de fidelidade, condecorándoos coa medalla ao mérito de Saudade. Este ano recibiron as medallas as seguintes persoas: Antonio Díaz Fernández, Elio Mariano Macía, José Ovidio Níñez Santín, Manuel Mourín Caldeiro y Joaquín Almerana Sancho.

Como institución galega en Cataluña tamén agasallaron coa medalla ao mérito, de Saudade á Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá polos seus 35 anos de divulgación da cultura galega en terras cataláns.

Miranda en Rubí e Santa Coloma

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tamén visitou este sábado as sedes das entidades de Rubí e Santa Coloma de Gramenet, da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña. En ambas instalacións tivo ocasión de coñecer parte das amplas colectividades galegas asentadas nestas dúas localidades.

Coa visita a estas dúas sedes, o secretario xeral da Emigración continúa coñecendo físicamente as numerosas instalacións coas que conta a Galeguidade en Cataluña, moi activa no que atinxe á transmisión de valores culturais ás segundas e terceiras xeracións de galegos.