A ENTIDADE APROVEITOU PARA HONRAR AOS SEUS SOCIOS QUE CUMPRIRON 25 ANOS DE FIDELIDADE

Medio millar de persoas asistiron á popular Cea do Entroido de Saudade

Organizada pola Agrupación Cultural Galega Saudade, que preside Ernesto Lagarón Vidal, a redor de medio millar de persoas asistiron o pasado sábado 16 de febreiro á popular Cea do Entroido.

Medio millar de persoas asistiron á popular Cea do Entroido de Saudade
Un momento de la entraga de premios.

Organizada pola Agrupación Cultural Galega Saudade, que preside Ernesto Lagarón Vidal, a redor de medio millar de persoas asistiron o pasado sábado 16 de febreiro á popular Cea do Entroido, celebrada nun dos míticos locais barceloneses como é Hotel Apolo, e á que asistiron representación dos gobernos galego e gatalán, así como dos principais partidos cataláns, entre eles o líder do PSC, Pera Navarro. Na delegación de Galicia estaban o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e os alcaldes de A Fonsagrada (Lugo), Aurelio Fernández Queipo, e o de Navia de Suarna (Lugo), Xosé Fernández Fernández, concellos de onde procedían os produtos consumidos na tradicional celebración que a Agrupación Galega Saudade ven celebrando desde hai más de dúas décadas.

Un multitudinario encontro de galegos no que un ano máis, desde que Saudade instituíu o evento, os socios e amigos da entidade acudiron masivamente a esta convocatoria gastronómica na que se degustaron os manxares máis prezados do mar e a terra de Galicia, e festexar como se merece o xuntoiro de don Entroido e dona Coáresma. Un evento que ademais se aproveita para dar a coñecer en Cataluña as elaboracións artesanais dos productos típicos destas datas en diferentes lugares de Galicia: botelo, chourizos, empanada, cachola, lacón, grelos, etc., nesta edición elaborados polos artesáns dos concellos de A Fonsagrada e de Navia de Suarna (Lugo), despois dunha suculenta mariscada, xa que os productos do mar galego tampouco poden faltar en calquera xuntanza gastronómica que se prece. Todos estes ingredientes, regados cos deliciosos viños galegos de Adegas Valcar, fixeron que a velada que rematou cunha gran queimada galega e a tradicional romaría, fora do agrado dos asistentes, que ademais da degustación dos productos, asistiron a unha perfecta posta en escena da Cea do Entroido, cunha espléndida organización que un ano máis converteu a este evento nun referente da gastronomía galega en Barcelona.

A celebración que a entidade organizadora lle dá o carácter de encontro de galegos xa que a asistencia é aberta a tódolos galegos que queiran asistir, tan só limitados polo espacio, contou, ademais dos socios de Saudade, con socios e directivos doutras entidades galegas en Cataluña. Ademais, a entidade organizadora aproveitou este evento para honrar aos seus socios que este ano cumpriron 25 anos de fidelidade, condecorándoos coa medalla ao mérito de Saudade que recibiron este ano as seguintes persoas: Antonio Díaz Fernández, Leopoldo Clavería, Víctor Arrojo Rivero, Eduardo Méndez Gómez, Manuel Carqueijeda García, Enrique Calvo Rodríguez, José Iglesias Canicoba, Antonio Lemos Aira, Andrés Fontela Fernández, Manuel López López y Vicente de Dios Pérez.