A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro fixo unha homenaxe a Basilio Losada

Isaac Xubín, co poema ‘Antígona’, gañou o Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’ de Cornella

O sábado 24 de novembro, celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que este ano acadou a súa 32ª edición, e no que se lle concedeu o primeiro premio a Isaac Xubín, polo seu poema ‘Antígona’.

Isaac Xubín, co poema ‘Antígona’, gañou o Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’ de Cornella
Homenaxe Basilio
O catedrático Basilio Losada foi homenaxeado pola A.C.G. Rosalía de Castro.

O sábado 24 de novembro, celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona), que este ano acadou a súa 32ª edición, e no que se lle concedeu o primeiro premio a Isaac Xubín, polo seu poema ‘Antígona’.

Un día que comezaba cheo de cultura, literatura galegas co recoñecemento e homenaxe que a A.C.G. Rosalía de Castro quixo ter co patriarca das Letras Galegas en Cataluña, o catedrático Basilio Losada, entregándolle a medalla da entidade de recoñecemento á súa labor de difundir e posta en valor a cultura e a literatura galegas en Catalunya, desde a súa actividade educativa na Universidade de Catalunya, así como a súa colaboración e apoio a colectividade galega a través das diversas entidades galegas, e moi especial coa A.C.G. Rosalía de Cornella. Acto ao que asistiron ademais dos compoñentes do xurado do Certame de Poesía, así como numerosos socios da entidade tamén estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, que se desprazou a Cornella para imporlle a distinción honorífica ao homenaxeado.

Pola tarde, o acto de concesión dos premios foi precedido dunha conferencia a cargo do profesor Armando Requeixo, que, baixo o título ‘A Irmandade literaria Galego-Catalana’, deu unha exhaustiva e esplendorosa lección sobre as colaboracións culturais e literarias de ámbalas dúas culturas, desde os tempos do medievo ata a actualidade, un relato de autores e textos nos que se amosa esa irmandade cultural. O acto contou coa asistencia de numeroso publico, así como a presencia do alcalde de Cornella, Antonio Balmón, que se encargou de pechar o acto agradecendo a colaboración do conferenciante coa diversidade cultural que a cidade de Cornella representa, na que a Asociación Rosalía de Castro é fundamental.

Pola noite, e no transcurso dunha cea celebrada no restaurante da Asociación Galega de Cornella, e presidida polo seu presidente, Oliver Fernández, á que asistiron numerosos socios e amigos, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornella e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado deu a coñecer aos gañadores deste ano, que son os seguintes:

Primeiro premio: Isaac Xubín, de A Coruña, polo seu poema titulado ‘Antígona: O alento que embaza o vidro’.

Segundo premio: Manuel Antonio Piñeiro, de A Coruña, polo poema ‘Larega’.

Terceiro premio: Gonzalo Hermo, de Barcelona, polo seu traballo ‘Memoria do Cervo’.

Ademais, o xurado concedeu unha mención especial ao poema ‘Foise Silandeira, mainamente’, de Azucena Arias Correa, de Pontevedra.

O xurado do certame estivo composto por:

Presidente: Armando Requeixo, Investigador, profesor e crítico literario.

Vicepresidente: Míriam Ferradáns, poeta galega.

Vocal 1: Ana Vázquez, documentalista, licenciada e doutora en Hispánicas.

Vocal 2. Xulio Simón, profesor licenciado en Galego e Portugués.

Vocal 3: Xosé Lamela, enxeñeiro e escritor galego.

Secretario: Xulio Cougil, profesor licenciado en Galego e Portugués, xubilado.