Dedica unha semana á esta festa arraigada na entidade galega desde a súa fundación

A Irmandade Galega de Rubí celebrou a súa tradicional Festa da Matanza

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron, el pasado fin de semana, a tradicional Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios e amigos da entidade participan activamente, desde os comezos da entidade hai máis de tres décadas.

A Irmandade Galega de Rubí celebrou a súa tradicional Festa da Matanza
Rubi-Matanza11
Un intre do xantar popular no parque 'Can Oriol'.

Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí (Barcelona), que preside Silvia Castañeda, celebraron, el pasado fin de semana, a tradicional Festa da Matanza, un evento no que tódolos socios e amigos da entidade participan activamente, desde os comezos da entidade hai máis de tres décadas.

O evento tivo lugar nun dos parques máis significativos da cidade, ‘Can Oriol’, segundo marca a tradición galega e como se dunha familia se tratase. Os organizadores dedican unha semana á esta festa popular arraigada na entidade galega desde a súa fundación, unha celebración festiva que fan á antiga usanza, elaborando os productos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando o domingo coa a degustación das viandas ao aire libre a modo de xantar popular que comparten con amigos da entidade e mesmo veciños da cidade de Rubí.

Ó Parque ‘Can Oriol’ acudiron desde a alcaldesa da cidade, Ana María Martínez, ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña. Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto galegos, e unha cunca de viño fan as delicias de calquera que guste desta festa, e son moitos os que circulan polo devandito parque, ademais do xantar institucional, ó que este ano asistiron ó redor de trescentas persoas, e no que  atopamos unha ampla representación das institucións municipais, representantes da maioría de entidades galegas en Catalunya e diversas personalidades, os directivo da Irmandade Galega, socios e amigos da entidade, así como das diversas Casas Rexionais de Rubí, saboreando os ricos manxares, cociñados con moito agarimo polos compoñentes da entidade galega de Rubí e rematando a festa cunha popular queimada galega.