NA CELEBRACIÓN DO ‘DÍA DE GALICIA’

Os grupos musicais das entidades galegas en Cataluña participaron nun festival en Tarragona

| 28 Noviembre 2011 - 09:25 h.
 Un intre do acto que se celebrou no Auditorio do Pazo de Congresos.
Un intre do acto que se celebrou no Auditorio do Pazo de Congresos.
A cidade de Tarragona acolleu o pasado 19 de novembro a celebración do Festival de Música Galega que organiza a Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, entidade que preside Luís Lamas Álvarez, e que este ano contou coa colaboración do Centro Galego de Tarragona.
O evento celebrouse con motivo do festexo do Día de Galicia en Tarragona e tivo como escenario o Auditorio do Pazo de Congresos da cidade, onde actuaron os principais grupos musicais das entidades galegas de Cataluña. Ó festival tamén asistiron as principais autoridades da cidade, como o alcalde, Josep Fèlix Ballesteros, e o delegado do Goberno catalán en Tarragona, Joaquim Nin Borreda, que xunto cos directivos das entidades federadas e o numeroso público asistente arrouparon aos artistas que lle deron o cerne cultural galego ao festival.
O elenco musical estivo composto polos grupos das entidades: Cova da Serpe de Barcelona, Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, Centro Galego de Barcelona, Centro Galego de Tarragona, Agrupación Alborada da Llagosta e a Banda de Gaitas Xuntanza de Cataluña, que agrupa a Casa Galega de Hospitalet, Rosalía de Castro de Cornella, Toxos e Xesta de Barcelona e a Agrupación Galega Agarimos de Badalona. Asistiron como convidados especiais os membros da Agrupación Musical Sacaires de Tarragona.
O humorista galego Pacheco exerceu como teloneiro dos grupos, dándolle así a nota humorística ao evento que, na segunda parte, estivo protagonizado polo recital que a cantante galega Sabela ofreceu aos asistentes.
Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Cronicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca